Un autor sueco de novela negra que debemos ter en conta e que descubrín novamente grazas a meu irmán, quen ultimamente resultou infalible neste xénero.Hakan Nesser recibiu o premio Glasnyckeln á mellor novela policíaca do ano 1999 en toda Escandinavia, honor que comparte unicamente en toda Suecia con Mankell.
La mujer del lunar afástase nalgúns sentidos da novela negra tradicional: sabemos desde o primeiro momento quen é o asasino (asasina), aínda que non sabemos os motivos que a conducen por ese camiño; a intriga constrúese arredor do momento en que os detectives descubran quen e por que comete os asasinatos, se chegan a tempo, etc; o que máis me gustou é que, como lectora, púxenme do lado da asasina ao comprender os motivos (antes de que mos reafirmase a lectura). Como boa novela negra, lese con gusto. Aínda que en nórdicos, sigo quedando con Nesbo e Indridason. Sen desmerecer a este, por suposto.
Pero é incrible a cantidade de escritores deste tipo de novelas que estamos descubrindo ultimamente, non?

Sete de cada dez escandinavos son escritores de novela negra.
ResponderEliminarEsta colección de RBA lánzana coma se fose asequible($€)pero os libros custan o de sempre. Moi mal.
¿Quén é Indridason??
Non sabes quen é porque non queres deixarme o libro que sempre che estou a pedir?. Vai aquí:
ResponderEliminarhttp://trafegandoronseis.blogspot.com/2009/03/la-mujer-de-verde.html
Pois a ver se Julio se anima a deixarnos as súas reflexións... Esperámolas con impaciencia