21/02/10

Os de arrriba e os de abaixo



Escrito e ilustrado por Paloma Valdivia, Os de arrriba e os de abaixo é un álbum que fala da Igualdade entre os seres humanos desde a máis absoluta sinxeleza plástica e lingüística, de aí a súa efectividade. Vivamos onde vivamos, tod@s somos iguais. Por iso ás veces podemos estar arriba e outras veces podemos estar abaixo.
Un libro fermosísimo para traballar os Dereitos Humanos, xa que se reflicte a diversidade na igualdade: realmente ambas partes son exactas, só existe a simultaneidade.




Podes disfrutalo no vestíbulo do centro estes días en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, italiano e portugués.



2 comentarios:

  1. Uuuy parece que pasou por aí o de kalandraka ou?

    ResponderEliminar
  2. Querido anónimo: se leses todos os comentarios verías que estes libros forman parte dunha exposición que temos actualmente no centro. Así que aproveitamos para falar da mesma e ler estes marabillosos libros que paga a pena promocionar.
    Non se pode ser tan mal pensado.

    ResponderEliminar