José Luis Munuera e Enrique Bonet ofrécennos en El juego de la luna un relato fantástico, duro, dividido en dous tempos onde se combina feitizo e realidade. Topamos maltrato da muller, violencia, amor, morte, soidade, tristura, incomprensión, maxia... envolto nun branco e negro que se arrisca en poucas ocasións coa cor vermella.Ademais, a edición en gran formato, coidadísima, de Astiberri, permite disfrutar o álbum con gran deleite.
Toda unha recomendación no mundo comiqueiro. Por certo, foi elixida Mellor Obra Nacional de Expocómic 2009. En Francia colleita grandes éxitos. Premede aquí.


Ningún comentario:
Publicar un comentario