20/03/10

Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado

Se queredes pasar un tempo divertido, cun sorriso que non poderedes reprimir en ningún momento, achegádevos a este texto -publicado no ano 2000-, todo un exercicio literario de humor e unha proposta diferente (e tanto!) á obra shakespereana, Romeo e Xulieta.
Eliana en ardentía ou Bernardo destemplado de Roberto Salgueiro mereceu o Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro no ano 2000, e non é de estrañar. Divertida, irónica, poética, actual, irreverente... o autor proponnos unha reflexión sobre o amor, ou a súa idealización, pero tamén sobre a súa parte máis humana e sensual, sobre o desexo que todo corpo percibe e necesita resolver. Pero hai máis: reflexión sobre o papel da cultura, da literatura, da palabra, sobre as clases sociais, os enredos... En fin, unha obra teatral dun autor sempre interesante que se colocou hai anos na cúspide do teatro galego.

2 comentarios:

  1. Vasme matar, pero creo que ainda teño esta obra...que ma pasaras ti non quero lembrar fai canto tempo...

    ResponderEliminar
  2. Pois si: voute matar. Porque acabo de comprala... e xa sabes!

    ResponderEliminar