29/03/10

Mulleres por un mundo mellor

Concluíu en Valencia o V encontro de mulleres españolas, europeas, africanas. Comprométense a impulsar un programa de formación para incrementar o número de mestras en diversos países africanos, ademais de diferentes iniciativas para fomentar o liderato político e empresarial da muller, xunto cun programa de formación de enfermeiras e comadroas que garanta unha mellor asistencia primaria. Outro compromiso adquirido é incorporar "as fórmulas para que as mulleres poidan ampliar o seu acceso ás microfinanzas e o crédito". Porque... os dereitos das mulleres son parte esencial dos Dereitos Humanos, algo esquecido aínda en moitos lugares do mundo.
Canal de Mulleres por un Mundo Mellor aquí.
Elas son África é un documental no que catro directoras plasman historias de mulleres en catro curtas rodadas en África: historias de superación que reflicten quen é o verdadeiro motor africano: a muller.






Grazas, Anxos, pola pista.

2 comentarios:

  1. Precioso documental, son historias cotiás da realidade Africana que trasmite Futuro para as mulleres de Africa, pero tamén para os do resto do mundo......para os homes, para os nenos e as nenas. As mulleres xa non podedes estar relegadas a segundos terceiros postos, sodes de Primeira, sempre o fostes....Grazas pola vosa loita, pola vosa vida

    ResponderEliminar
  2. Grazas a ti polo pensamento (ogallá fose universal!), polo comentario e pola visita.

    ResponderEliminar