O día 31 de xaneiro comentamos neste blogue que o señor Conseilleiro de Cultura viña de asegurar en Fitur que o Camiño de Santiago pasaba por "Desván de los Monjes". Moita xente comentounos que non daban creto a esa noticia, que era algo inventado, malintencionado. Que saibades, asemade, que el asegurou: "Hai que ser estúpido para crer que eu vou dicir Desván de los Monjes".
Hoxe, o amigo Román achéganos a proba definitiva de que non mentimos. Aquí a tendes, vía Días estranhos:
Hoxe, o amigo Román achéganos a proba definitiva de que non mentimos. Aquí a tendes, vía Días estranhos:
Grazas, Román
Non poido oilo. É problema do meu receptor ou da túa emisión?. Agradecería moito que o revisaras pois teño moito interés en oilo.
ResponderEliminarMoitas grazas.
Eu oíoo perfectamente. Proba novamente, por favor.
ResponderEliminarserá que non teñen máis vergoña que así?
ResponderEliminarAcabo de chegar dunha presentación dun libro de Neira Vilas; o rematar alguén do público dixo algo parecido a esto: "Hai que alegrarse de termos xente coma Pepe(Neira)que sempre levou a Galicia na maleta, e non outros que a queren levar ó DESVÁN".Por suposto ovación dos 70que alí estabamos.
ResponderEliminarEu oín o vídeo perfectamente, que vergoña, eso ten delito!!!!!Menos mal que non dixo "buey muerto" ou " torofallecido", bueno, non o dixo porque o traductor non llo puxo, que si non soltábao igual!
ResponderEliminarEn fin, e é conselleiro de cultura,nin miña tía que é analfabeta metería a pezuña dese xeito.Acórdame a aquela que dixo algo da escritora Sara Mago...