Se queredes sorrir permanentemente coa lectura dun libro este é o que buscabades: Ingrid Noll en Como una dama consegue iso e moito máis. Seica é unha novela negra. Neg
ra? Ben, hai un par de mortes que pululan por alí, pero non son esenciais, desde logo. Porque, ao fin e ao cabo, o que importa é lembrar como as mulleres nos volvemos invisibles coa idade; esa invisibilidade permite, ao mesmo tempo, voar sen que ninguén se dea conta.
ra? Ben, hai un par de mortes que pululan por alí, pero non son esenciais, desde logo. Porque, ao fin e ao cabo, o que importa é lembrar como as mulleres nos volvemos invisibles coa idade; esa invisibilidade permite, ao mesmo tempo, voar sen que ninguén se dea conta.
O sentido do humor, a fina ironía, a tenrura e a simpatía que envolven o libro é marabilloso. Non chega ás 300 páxinas, algo que botamos de menos: é imposible non devoralo dunha sentada. Sempre me recriminan que só recomendo libros tristes, pois ben, este resulta ser todo o contrario. Iso si, abstéñanse adolescentes: non entenderían o decorrer dos anos. Hoxe vou ir en contra dos meus propios principios e alabar este libro para recomendar a súa lectura para mulleres de máis de corenta anos: éxito indiscutible. E se erro, por favor, indicádemo. Porque eu paseino estupendamente!
E dar as grazas a quen mo recomedou.
E dar as grazas a quen mo recomedou.
Lin este libro o verán pasado e rinme moito con el. Recomendeino a varias amigas, pero só tivo éxito entre "as maduritas"
ResponderEliminarHai algún máis da mesma autora que tamén merece a pena pero dos que lin, ese segue sendo o meu preferido.
Por certo, acórdasche de "Las viudas de los jueves?. Coincidiramos fai anos na súa lectura e gustounos ás dúas, agora acaban de estrear a peli, que eu non vin, pero dixeronme que deixaba moito que desexar.Víchela?
Saúdos desde Betanzos.
Marga
íache escribir para che dar as grazas por esta recomendación! E tes razón: creo que un libro que só comprendemos se temos certa idade: así o recomendo no blogue.
ResponderEliminarNon vin a peli de "Las viudas": iso de ver pelis despois de lecturas nunca adoita funcionar...
Grazas pola visita.
Biquiños