24/04/10

Linda á espreita

Fermosísimo álbum ilustrado este editado por Xerais cuxo autor é Alexander Steffensmeier.
Escrito en 2006, foi un éxito de vendas en Alemaña. E non é de estrañar: ogallá ocorra o mesmo no noso país. Desde logo, agardamos que Xerais publique as dúas próximas entregas. Unha vaca entrañable, divertida, xoguetona...; un álbum de gran tamaño con debuxos doces e amables, con cores vivas. Unha mirada amable a un dos animais máis importantes do noso país que tantas veces permanece no esquenzo.
Delicioso.

Foi un dos contos elixidos para a contada do Día do Libro para a rapazallada de 6 anos que veu ao IES e creo que foi un do que máis lles gustou.

10 comentarios:

  1. Coñezo o libro, e comparto a vosa opinión: é fermoso.

    ResponderEliminar
  2. Cando llo contou o meu compañeiro aos nenos de 6 anos, fixeime nas súas caras: estaban encantados. E riron un bo anaco!

    ResponderEliminar
  3. Este conto é fabuloso, as ilustracións preciosas e o argumento mellor imposible

    ResponderEliminar
  4. Este libro encantoume, foi simpátiquisimo.Ten unhas ilustracións fermosas e chistosas.

    ResponderEliminar
  5. Este libro é moi divertido e gustoume moito ,ademais os debuxos tamén eran moi bonitos.

    ResponderEliminar
  6. este libro é moi divertido e ten unhas ilustacións moi boas e graciosas

    ResponderEliminar
  7. este libro é moi chulo porque a vaca era moi simpática

    ResponderEliminar
  8. Este conto estivo ben pola súa historia que conta.

    ResponderEliminar
  9. Este libro estivo bastante ben.

    ResponderEliminar
  10. Este libro está ben porque é bastante gracioso.

    ResponderEliminar