26/04/10

Paxaros de papel

Terceiro e último libro da editorial Xerais que comentaremos hoxe. Paxaros de papel de Marilar Aleixandre con ilustracións de Lázaro Enríquez é un libro do ano 2001 que segue chamando a atención. As ilustracións son moi diferentes ao que normalmente estamos acostumados a ver neste tipo de álbums: abarrotadas, barrocas, escuras, cheas. Devoran o texto por si soas, planean por riba del, e aínda así este é importante, polo seu ritmo, a súa poesía, a súa historia. Unha historia que fai fincapé na imaxinación do neno e da nena lectores como recurso máis importante para a vida, para os soños, para a lectura e para os libros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario