e agora, con esta mención, forman parte da súa familia, da familia galega do mundo.E falou, como non, de poesía. Imposible definir a poesía: podemos dar voltas e voltas arredor pero non conseguiremos dicir que é: a sensación física de que me arrincan a tapa dos sesos.
Falou da inutilidade da poesía. Para que poetas en tempos miserables? Non ten valor a poesía no mercado. Pero, claro, Saturno tampouco o ten. E hai no mundo miles de persoas que morren por unha soa causa: a pobreza.
A poesía é fráxil, como os poetas, que non teñen outros sostén que o acto de escribir. Para que existen os poetas, a poesía? Non, preguntémonos por que a poesía atravesa todos os tempos. A poesía acaba abandoando ao poeta, é aí cando o poema remata. A poesía é palabra calcinada onde aínda crepitan cinzas das palabras que non puideron pronunciarse. O poeta é un mendigo da maxia, a poesía é a memoria do non sucedido.
Non hai palabras gastadas.
E unha frase: "Canto máis te afastas da noite que pasou, máis te acercas á noite que virá".
Déixovos un poema:
Nadie te enseña nada.
Nadie te enseña a ser vaca.
Nadie te enseña a volar en el espanto.
Mataron a miles de compañeros y nadie te enseña
a hacerlos de nuevo.
¿Cómo hago,
cómo hago yo?
¿hay que romper la memoria para que se vacíe
/como un vaso roto?
Me consuelo estúpidamente.
Miro navegar rostros en mi sangre y me digo
que no murieron aún.
Pero mueren aún
Y yo mismo, ¿qué hago mirando cada rostro?
¿Me muero en ellos cada vez?
En alguna telita del futuro habrán escrito /sus nombres.
Pero la verdad es que están muertos,
amortajados por la incomprensión.
Alzan sueños sin método
contra la vida chiquita.
Entrañable este velliño encantador. mágoa que ese "desván" empañe un tanto a foto.
ResponderEliminar