Non coñecía a Annemarie Schwarzenbach, autora de Ver a una mujer, libriño que se le dunha patada e que abraia polo tema e o xeito de tratalo. Porque estamos a falar de homosexualidade entre mulleres nos anos 30. E sobrecolle a naturalidade da paixón, o irrefreable amor dunha moza ao ver outra da que non poderá separarse. Fascinante a paixón descarnada e a sensibilidade que podemos atopar nesta lectura, breve, minúscula, como o nome da editorial que a publica.Unha lectura dun tirón que paga a pena.
“Ver una mujer: sólo por un segundo, sólo por el breve lapso de una mirada, para luego volver a perderla, en la oscuridad de un pasillo, tras una puerta que me está vedado abrir (…) Nada sabía yo de este miedo que ha vuelto a asaltarme: es como un dolor en el que uno no puede creer y uno lo acepta con una sonrisa (…) ¿Cómo explicar que me ha sobrevenido como una enfermedad repentina?”
Un dase conta da cantidade de persoas que escriben cousas sumamente interesantísimas, pero que non hai maneira de podelas ler todas (Aínda que che faga caso e devore este libriño que recomendas, cantos outros me quedarán...)
ResponderEliminarDespertáchesme as ganas. Mirarei de buscalo.
Desde logo, tes razón: hai tanto por ler... que nin que tiveramos catro vidas o conseguiriamos. Pero as xoias que vou topando -ou nan tan xoias- gústame recomendalas, por se alguén sente curiosidade.
ResponderEliminarGrazas pola visita. E pola participación. Agardo que me contes as túas impresións da lectura.
Saúdos