09/05/10

Caixa de cartón

Este marabilloso libro, que contei en todas as aulas onde imparto clase sen conseguir non emocionarme en todas elas, está publicado pola editorial OQO na súa colección "Qontextos"; Caixa de cartón está escrito por Txabi Arnal e ilustrado polo iraniano Hassam Amekan ofrece unha crónica da inmigración diferente: unha historia triste cun final máis feliz, se podemos falar de felicidade, se esta existe despois de sufrir o que a protagonista ten sufrido. Unha historia chea de tristura e melaconlía que gana en optimismo e que está impregnada dese sorriso perenne que o ser humano tende a reconstruír para vivir.
As ilustracións, tremendamente plásticas, son símbolos das palabras e da historia, da fouteza da vida nunha caixa, da desesperanza, da esperanza, do optimismo, do amor... a figura sempre vermella da protagonista destaca sobre os tons marróns do libro e da súa contorna, que van caracterizar o conxunto das ilustracións.
Un libro imprescindible, un álbum que hai que ter, ler, reler, dar a ler, lérllelo a outras persoas... lembrando que está a evocar esoutro mundo que ás veces nos negamos a ver.




38 comentarios:

  1. Pareceme un conto que esta basado na realidade, coa pobreza, enfermidades... e moi triste.

    ResponderEliminar
  2. este é un libro moi triste

    ResponderEliminar
  3. é un libro fermoso, pero triste que ten un final algo máis alegre.

    ResponderEliminar
  4. Este é un libro bastante triste aínda que non acaba tan mal.

    ResponderEliminar
  5. esté libro é moi triste coma case todos os que leémos... pero ten un bo finsal a verdade gústoume moto : )

    ResponderEliminar
  6. é un libro fermoso, pero triste aínda que ten un final algo máis alegre.

    ResponderEliminar
  7. Aínda que é moi triste acaba ben,encantoume

    ResponderEliminar
  8. un emociónase moito con este libro pero non acaba moi mal

    ResponderEliminar
  9. Este é un libro triste....súa nai morre e ela vai para un orfanato... despois adoptana e é feliz coa súa nova nai ela quérea moito

    ResponderEliminar
  10. Este libro é moi triste pero o final é bonito

    ResponderEliminar
  11. Este libro é moi trise porque hai xente que non ten sentimentos da xente que non ten cartos.

    ResponderEliminar
  12. Pareceume un libro moi femoso, triste pero ao final acaba ben.

    ResponderEliminar
  13. è moi triste pero gustoume porque acaba ben

    ResponderEliminar
  14. Este libro pareceme moi triste pero ao final todo acaba ben porque a rapaza acaba cunha boa familia.

    ResponderEliminar
  15. Pareceme un libo triste porque a nai da nena morre e levana para un orfanato.

    ResponderEliminar
  16. É un conto qe empeza de forma triste e acaba cun final feliz.Gustoume moito.

    ResponderEliminar
  17. O conto pode estar ambientado na realidade dos países subdesenvolvidos.

    ResponderEliminar
  18. É triste pero acaba ben.

    ResponderEliminar
  19. Gustoume moito pero quitaríalle algunhas escenas trises.

    ResponderEliminar
  20. Este ibro é triste porque a nai non ten cartos e decidiu emigrar coa súa filla,pero teñen tan mala sorte que o barco afundeu .Dáme moita pena cado a nena recorda á súa nai na cas dos pais adoptivos.

    ResponderEliminar
  21. O libro comeza sendo moi triste, a nai sofre moito pola súa filla. E remata moi ben, a rapaza adóptaa una familia, inda que nunca se esquecerá do sorriso da súa nai.

    ResponderEliminar
  22. E un libro que representa a pobreza e a miseria porque a cuna da nena era só unha simple caixa de cartón e ao final quedou sen nai .Aínda que por sorte a adoptaron.

    ResponderEliminar
  23. O libro dá moita pena pola morte dá nai despois é un pouco mais alegre porque a nena ten unha familia que a quere.

    ResponderEliminar
  24. Adrián Villar García27 de outubro de 2012, 16:27

    Este libro e moi realista xa que mostra os aspectos da realidade como a pobreza, a emigracion e un pouco triste solo que acaba ben e eso é o bo.

    ResponderEliminar
  25. A min particularme gustoume moito, xa que é unha maneira moi interesante de pasar un rato entretido e coñecer doutra maneira problemas da nosa sociedade.

    ResponderEliminar
  26. Triste, quizais. Realista, tamén. Unha forma singular, orixinal e moi persoal de contar unha historia con tal sensibilidade. Un método concicudo para aqueles que teñen un falsa idea do que relamente é pasalo mal nos mundos que corren.

    ResponderEliminar
  27. O libro é moi triste e moi alegre á vez xa que trata dunha situación que vemos todos os días nas noticias como é a pobreza e a inmigración pero que ao final remata cun final feliz.

    ResponderEliminar
  28. O libro é moi triste ao principio, xa que trata da inmigración dunha muller coa súa filla pequena, pero ao final todo remata ben.

    ResponderEliminar
  29. Unha histotia na que resalta un dos problemas da sociedade de antes e de hoxe tamén. A inmigración dunha nai coa súa única ca filla.Triste como non.

    ResponderEliminar
  30. Un libro que trata aspectos moi realistas como: a pobreza a inmigración.É triste ver que isto segue pasando na realidade

    ResponderEliminar
  31. Quizáis, a tristeza sexa o mellor término que resume este álbum , xa que amosanos un dos temas máis difíciles e actuais que perviven no tempo.

    ResponderEliminar
  32. Pa min o máis bonito de todos. Conta a historia dunha nai e un fillo afectados pola migración. Ensínanos que aínda que a nosa casa sexa de cartón o importante é a xente que está ao teu lado e o cariño recibido.

    ResponderEliminar
  33. A tristeza que nos amosa, sobre todo a forma que ten de facel, é moi boa, isto por desgraza é polo que pasan moitos días milleiros de persoas, pola contra de moitos casos, este rematan ben.

    ResponderEliminar
  34. Para min é preciosa e horripilante á vez. A froma na que a nena relata a súa vida é moi dulce.
    Este relato fala de moitos temas, en especial a pobreza e o recismo; e eu permítome añadir a idea de que na escuridade absoluta sempre podes atopar unha luz pola que sair.

    ResponderEliminar
  35. Este conto é moi emocionante e triste á vez. Fala da inmigración e de todo aquelo que lles pasa aos inmigrantes cando intentan salvar á súa familia. Tamén pon a estes inmigrantes nunha posición moi pobre xa que teñen que vivir nunha caixa de cartón.

    ResponderEliminar
  36. Maria Lamazares Taboada..
    Este conto e moi realista xa que nos fala da emigración,a pobreza...pero remata con un bo final.

    ResponderEliminar
  37. Despois de tanto tempo non logro recordar moi ben o que conta a historia, pero sí recordo que foi o relato co cal máis me emocionei, o que máis dor me transmiteu, sabendo que toda esa dor era real e que as historias máis duras sempre son as que ocorren na realidade.

    ResponderEliminar
  38. Conta o que tiveron que aguantar os xudíos co mandato nazi, xa que tiñan que facer todo o que poideran para escapar e se non o conseguían intentar salvar a súa familia, como se reflexa neste conto.

    ResponderEliminar