31/05/10

Esveltas e crucificadas


Esta impresionante mostra fotrográfica proxectada en Milán polos artistas romanos Winkler e Noah critica os aspectos máis escuros da relixión e a sociedade contemporánea a través de instantáneas que amosan os corpos esveltos e nus de mulleres crucificadas.
Baixo o título de "Awakening", pretende ser unha crítica á sociedade actual que se rexe baixo o lema "sé fermosa e permanece calada". Pero vai máis alá: representa a carreira cara á necesidade de perfección da muller; unha muller nova, espléndida, esquelética... todas elas iguais xogándose o destino coas dimensións do peito ou a lonxitude das súas pernas.


Un aspecto que, desgrazadamente, detectamos nas nosas aulas con demasiada frecuencia: a busca da perfección dalgunhas alumnas que as leva a unha enfermidade que, irremediablemente, presenta secuelas para toda a vida. Estamos a falar da anorexia e da bulimia. Son testemuña de vidas derramadas a destempo, tentando reconducirse e non sempre conseguíndoo.




Vía El Ventano.

2 comentarios:

  1. Aínda onte vin un programa en Cuatro sobre tipas famosas que vievn en Hollywood. ¡Esperpéntico! O problema é que o esperpento chegou á rúa, xa vive connosco. Mentes novas transtornadas e prisioneiras dunha parvada supina que pode máis, moito máis cá lucidez.

    ResponderEliminar
  2. Esperpéntico é que existan este tipo de programas no medio dunha gran crise con miles de parados. Esperpéntico é xulgar a xente polo físico.
    Esperpéntico é o futuro.
    Grazas pola visita e pola reflexión.

    ResponderEliminar