09/05/10

La calle del Fantasma


La calle del Fantasma de Enric González e ilustrado por Riki Blanco está publicado pola editorial A Buen Paso. Un neno enfadado cuns Reis Magos inxustos porque non se cumpre a lei esa do "pórtate ben": coñece algúns que non merecen nada e aínda así trouxéronlle todo canto pediu! Así que decide percorrer as rúas da cidade ata topar esa rúa da que ninguén quere falar por medo ou por vender a súa alma. Pero el comprenderá que ante as cousas materiais superpóñense outras moito máis importantes, como a amizade. De nada serve ter con que xogar se non tes con quen xogar.
Unha proposta moi orixinal que di moito máis do que semella. As ilustración, compañía tentadora.

Ningún comentario:

Publicar un comentario