11/05/10

O cazador e a balea


Como vén sendo habitual, O cazador e a balea chama a atención non só pola historia -que tamén- senón sobre todo polas súas ilustracións. Escrito por Paloma Sánchez Ibarzábal e ilustrado por Iban Barrenetxea, non deixa indiferente. Unha homenaxe, sen dúbida, a Melville e o seu Moby Dick o libro non só fala de aventuras e epopeas, fala de soidade e amizades, de ceos e de estrelas, de ollos que non finxen, de soños que empurran cara ao horizonte.
Un álbum precioso, cheo de luz que namora.






Unha das novidades de OQO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario