22/05/10

O home de auga


Fermoso álbum de Ivo Rosati ilustrado por Gabriel Pacheco: O home de auga está publicado por Kalandraka.

Como o seu nome indica, é un libro azul, fresco. As ilustracións asolagan, como corresponde a tan fermoso encontro co diferente, porque, ao final, o libro fálanos disto: do valor das diferenzas. Porque só respectando estas encontraremos a poesía, o ben, o noso propio ser. Sempre queremos fuxir do descoñecido, pero ás veces atacámolo por ignorancia. Iso é o que lle ocorre ao home de auga: non é normal, asusta aínda que el só quere axudar, só desexa ter un espazo propio. Que tarefa tan difícil neste noso mundo de cegos!!!
Un libro marabilloso, como adoita suceder é deses que te subxugan desde a propia portada. Para disfrutar de cando en vez, sobre todo nestes días de calor que estamos a "disfrutar" (a quen lle guste!)



24 comentarios:

  1. a min gustame o calor... o libro non sei

    ResponderEliminar
  2. Este libro é moi entretido e ten unha metáfora que é que a sociedade critica aos que son diferentes.

    ResponderEliminar
  3. Este libro está ben e reivindica que por moi distinta que sexan as persoas non hai porque desprecialas nin apartalas, elas tamen son persoas desta sociadade e hai que entendelas.

    ResponderEliminar
  4. Este libro estivo ben, e ensínanos que non se debe xulgar as persoas por ser diferentes.

    ResponderEliminar
  5. Este libro estivo ben, e ensínanos que non se debe xulgar as persoas por ser diferentes.

    ResponderEliminar
  6. este libro trátanos de explicar como a sociedade trata as persoas que son diferentes ainda que sexan boas

    ResponderEliminar
  7. Este libro trata de explicarlle a xente que aínda que una persoa sea diferente non se pode xulgar a esa persoa sen coñecela

    ResponderEliminar
  8. este libro gustoume porque cóntanos unha metáfora sobre o racismo e que non se pode discriminar aos demais

    ResponderEliminar
  9. este libro ten moita razón no de malgastar a auga peo é algo aburrido

    ResponderEliminar
  10. este libro gustoume algo aínda que a xente era racista con o muñeco de auga

    ResponderEliminar
  11. Este libro gustoume porque a xente critica antes de coñecer ben as persoas.

    ResponderEliminar
  12. Este libro foi o libro que maís me gustou de todos a pesar de que a xente nn aceptaba o home de auga e el solo queria axudar.

    ResponderEliminar
  13. Este libro é moi bonito porque nos di que por moi diferentes que sexan as persoas non podemos tratalas mal nin discriminalas.

    ResponderEliminar
  14. A min gustoume polas ilustracións

    ResponderEliminar
  15. Transmite mediante unha historia na que o protagonista séntese só a importancia da auga.

    ResponderEliminar
  16. Este libro, estivo moi ben, trata da importancia da auga.

    ResponderEliminar
  17. Este libro gustoume moito e ensinanos a que non debemos xulgal as persoas por ser diferentes .

    ResponderEliminar
  18. Este libro ensinanos a importancia da auga,e que non se pode desperdiciar.

    ResponderEliminar
  19. Este libro tamén me gustou pero paréceme triste que a xente sexa racista co estraño home de auga xa que o pobre non quería facer dano a ninguén.

    ResponderEliminar
  20. Este libro ainda que é un pouc fantástico é moi entretido porque na realidade tamen discrimnamos ass persoas por ser diferentes.

    ResponderEliminar
  21. Este libro é moi bonito. Fala das diferenzas, en todo, que fai a sociedade se coñecer realmente como é.

    ResponderEliminar
  22. Este libro é moi fantasioso pero di que a auga é un ben escaso e que hai que aforrar senón algún día desaparecerá.

    ResponderEliminar
  23. É un libro que indica o importante que é a auga e como alguén pode sentirse abandonado, frustrado, aterrorizado e despreciado por só ser diferente.

    ResponderEliminar
  24. Este libro pareceume bastante interesante porque a xente primeiro protestaban polo home de auga pero despois cndo menos o esperaban necesitaba a súa axuda

    ResponderEliminar