30/05/10

Poderosa

A nosa alumna lectora Ainara García Doval apórtanos a súa visión deste libro de Sergio Klein, Poderosa, editado por Xerais.


A verdade é que este libro non me chamou moito a atención. Tampouco é que o considere aburrido, pero a historia non me enganchou, porque non a atopei demasiado interesante. Coido que me gustaría máis de tela lido hai dous ou tres anos, porque creo que é unha histoira para rapaces máis novos ca min.
Porén, si que me gustou a mensaxe que transmite, xa que a pesar de ter o poder para cambiar calquera problema da vida con só escribir unhas liñas nun papel, a protagonista descobre finalmente que non sempre é mellor a solución máis fácil, senón que hai que enfrontarse aos problemas por nós memos e aprender deles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario