Ainara García Doval apórtanos agora a súa reflexión sobre esta lectura, Ácaros verdes de Pilar Buela

Gustoume moito esta novela por varios motivos. O primeiro é que está enmarcado nos últimos días da Segunda Guerra Mundial, nun Berlín en ruínas que agarda ser tomado polos aliados en calquera momento.
O segundo, polo feito de seguir a historia dende o punto de vista de dúas mulleres como foron Eva Braun e Magda Goebbels, as donas do nazismo, unha por ser a amante de Hitler, a outra por representar o prototipo de muller aria, casado co ministro de propaganda do réxime e nai de seis cativos loiros cuxos nomes comezaban pola letra H en honor ao seu querido Führer.
Gustoume tamén como a autora tenta poñerse na pel destas dúas mulleres, na atmosfera opresiva de bunker no que se refuxiaban, tomando ambas as dúas a decisión de poñerlle fin á súa vida xunto á de Hitler, no caso de Magda mesmo asasinando aos seus pequenos.
O que máis me chamou a atención da historia é o amor cego que Eva lle profesaba ao Hitler, un amor que durou dende o seu ascenso ao poder ata os seus derradeiros días nese búnker subterráneo, onde despois de numerosos anos de amor clandestino, Hitler lle pide que case con el.

Gustaríame saudar dende aquí a Pilar Buela que a seguín dende que estivo en Lalín ata Valga. A novela agovioume porque coñecendo a autora parecía que mo contaba outra persoa diferente. Que dificil é separar as imaxes literarias das reais.
ResponderEliminarSaúdos de Fernando para Pilar e parabéns por este comentario.