"18 comidas " do director galego Jorge Coira realizará o seu premiere mundial no Festival Internacional Taormina Filme Festival.
Será a película de apertura da Mediterranean Competition (Competencia Oficial do Festival), que comeza mañá, 12 de Xuño.
Cantas historias poden acontecer durante unha comida, nunha cea, nun xantar...?
24 personaxes... 6 historias.......18 comidas
"18 comidas" é unha película que viaxa a través de dezaoito comidas -entre almorzos, comidas e ceas- que nos fan partícipes dalgúns deses momentos que poden cambiar unha vida. Seis historias ao longo dun único día de ficción.
Trátase dunha produción de TIC TAC e ZIRCOZINE coa participación de Televisión de Galicia. Conta con excelentes interpretacións: Luis Tosar, Víctor Clavijo, Sergio Peris-Mencheta, Esperanza Pedreño, Pedro Alonso, María Vázquez, entre outros.
Vía
que boa pinta ten!
ResponderEliminarGrazas por avisar! polo trailer non ten dúbida, sacarei tempo de onde sexa
ResponderEliminarDe acordo contigo, Ernesto, verémola.
ResponderEliminar