28/06/10

Yumi

Entre os variados e preciosos agasallos que me fixeron as miñas nenas e os meus nenos do club de lectura atópase este simpático libro: Yumi de Annelore Parot.
Yumi é unha kokeshi que nos ensina os seus vestidos, as súas amigas, os animais de compañía... e teremos que buscar o disfraz que mellor lle acae ou personaxes agochados nas súas páxinas. É un libro moi orixinal e diferente, con páxina interactivas e portadas acolchadas.
Publicado por Edelvives

Grazas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario