16/08/10

León de biblioteca


Delicioso conto de Michelle Knudsen ilustrado por Kevin Hawkes e publicado por Ekaré. Un león a quen lle encantan os contos e sabe respectar máis ca ninguén as normas da biblioteca, porque é máis humanos ca moitos humanos. E porque as normas están feitas para iso: para poder saltalas de cando en vez.
Un libro que namora desde a primeira páxina, cunhas ilustracións marabillosas extraordinariamente ben compaxinadas cun texto tenro e delicado. Un león que quereredes adoptar como mascota.



2 comentarios:

  1. És una delícia.
    Cada curs l'explico.
    M'emociona llegir-lo en veu alta.

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo, coma sempre. Delicioso

    ResponderEliminar