23/09/10

Al atardecer


Escribe Jackeline de Barros e ilustra David Padilla en Al atardecer unha fermosísima historia da vellice e da perda da memoria, ou da ilusión de vivir unha vez máis as lembranzas que semellan marchar. O alzheimer dende a perspectiva dun neno e a tristemente contundente resposta de seu pai. Tema dolorasemente actual pintado con mestría. Imprescindible.
Editorial Mil y un cuentos.

5 comentarios:

  1. Carísima Gracia,
    sobre este tema sempre está ben lembrar unha e outra vez o libro do noso Francisco Castro, que sempre lle escoitei dicir que naceu da experiencia persoal.
    http://www.editorialgalaxia.com/catalogo/libro.php?id_libro=0010960162
    Unha aperta, e parabéns polo destino que che abre novas portas.
    Miro

    ResponderEliminar
  2. Querido Miro, coñezo "Chamádeme Simbad" e coñéceno o meu alumnado do ano pasado. Pero suporás que isto dos álbums ilustrados é unha paixón irrefreable.
    Grazas pola túa visita, coma sempre, grazas pola túa recomendación, unha vez máis; grazas por lembrarme.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. non sei como estará o texto, pero este Padilla é un artista da pintura.

    ResponderEliminar
  4. David Padilla es un pintor jienense muy reconocido. En realidad, Al atardecer tiene como ilustraciones sus aguadas y es a partir de ellas, que surge a historia y no al revés como suele suceder. Un saludo y gracias por sus palabras. La autora.

    ResponderEliminar
  5. Gracias por la aclaración y enhorabuena por el trabajo.

    ResponderEliminar