25/09/10

Á sombra dos anacardios


Vén de chegar ás librarías este libro de Antón Fortes, ilustrado por Simona Mulazzani: Á sombra dos anacardios, editado por OQO. Se no meu admirado Fume (da mesma editorial) Antón Fortes falaba da Segunda Guerra Mundial, agora viaxa a África, máis concretamente a Guinea Bissáu, para nos lembrar que a cooperación con este continente é absolutamente indispensábel, dándolle voz a unha nena que sente o transcorrer da vida baixo a súa árbore preferida ( o anacardio, que lle dá título ao libro) mentres percorre en poucas liñas a súa vida cotiá; unha vida marcada baixo a alongada sombra da SIDA, tema agochado neste libro de temática social que nos lembra unha vez máis que álbum ilustrado e dereitos humanos van da man sen dificultade.
As ilustracións animan o texto e fan fincapé na esperanza e na ledicia: cores fortes e alegres, personaxes fortes e ben trazados, non esquematizados.
Un terceiro libro imprescindible desta colección de OQO "Qontextos" da que agardamos máis títulos.
Ver o texto da presentación editorial.

23 comentarios:

  1. Non me gusta, pareceme triste.

    ResponderEliminar
  2. é un libro moi bonito pero moi triste

    ResponderEliminar
  3. este libro seve para aprender o que é a vida pero é triste.

    ResponderEliminar
  4. Este libro foi moi trisre aunque tamén moi real.

    ResponderEliminar
  5. Este libro serve para aprender o que é a vida pero tamén é moi triste e tamen moi real

    ResponderEliminar
  6. Este libro é bonito pero moi trite porque en alguns países non teñen os mesmos recursos.

    ResponderEliminar
  7. É un libro moi bonito, serve por reflexionar sobre a vida. É una enfermidade que afecta sobre todo aos países subdesenvolvidos, á xente xoven. Temos moita sorte de vivir nun país donde se poida tratar esta enfermidade.=)

    ResponderEliminar
  8. Etse libro espresa moi ben as penurias que pasan en África,a falta de recursos.Este conto é moi real porque moitos nenos africanos teñen esta enfermidade.Este é de verdade o conto máis real e triste que lemos neste curso.

    ResponderEliminar
  9. Este libro apréndenos que a vida é moi triste nalgúns países.

    ResponderEliminar
  10. Este libro deume moita pena pero á vez é moi real e auténtico.

    ResponderEliminar
  11. Gustoume moito e gustaríame volvelo a ler.Aínda que é triste cando a nena métese na árbore.

    ResponderEliminar
  12. Este libro non me gustou moito pero creo que é triste porque debe ser moi duro ter sida e ir sempre ao médico.

    ResponderEliminar
  13. E moi triste porque fai que nos replantemos como de dura é a vida en Africa.

    ResponderEliminar
  14. É un libro moi bonito.É una enfermidade que afecta sobre todo aos países subdesenvolvidos, á xente nova. Temos moita sorte de vivir nun país onde se poida tratar esta enfermidade.

    ResponderEliminar
  15. É un libro moi bonito, serve para reflexionar sobre a vida.É trite porque nalguns países non teñen os mesmos recursos :(

    ResponderEliminar
  16. este libro apréndenos o que pasa na vida.

    ResponderEliminar
  17. explicanos como é vida para os que non teñen cartos

    ResponderEliminar
  18. É moi triste porque fai que nos replantexemos como de dura é a vida en Africa.

    ResponderEliminar
  19. Este libro trata dunha nena que ten sida........ é moi triste: son enfermidades que se pasan en moitos países nos que non hai recursos necesarios....

    ResponderEliminar
  20. este libro é moi bonito e realista ......;)

    ResponderEliminar
  21. gustoume porque mira o positivo da vida e que hai que ser positivo

    ResponderEliminar
  22. Este libro é bonito e triste pero tamén nos axuda a comprender as enfermidades que teñen noutros países.

    ResponderEliminar
  23. Este libro è triste pero moi real

    ResponderEliminar