26/09/10

Taller de corazóns


Que fermosura de libro! A historia, as ilustracións... cando o rematas, apértalo contra o corazón para sentilo máis de preto. Porque diso vai, claro queda polo título, a historia: de corazóns, ou da súa ausencia, que vén sendo o mesmo. Con texto de Arturo Abad e ilustracións de Gabriel Pacheco, Taller de corazóns lévanos da man a un obradoiro moi especial: un taller onde se deben reparar corazóns danados. E ao mesmo tempo o seu artesá esconde un segredo: un gran amor sen corazón. Como rematará a historia? Prégovos que a leades, porque, de seguro, vaivos encantar. É todo un tesouro de libro, tanto texto como ilustracións chegarán ao voso corazón.

Cando chega a noite e o silencio dos soñadores inunda a cidade,
do taller de corazóns xorden misteriosos sons, porque…
Matías ten un segredo.
Texto da editorial.

33 comentarios:

  1. Estes de oqo non paran de facer obras de arte

    ResponderEliminar
  2. Totalmente de acordo. Cada un deles é un pequeno museo artístico

    ResponderEliminar
  3. A min tamén encanyoume!A ver que din agora os nenos e nenas!

    ResponderEliminar
  4. Pareceume bonito, eso si que e estar namorado de verdade

    ResponderEliminar
  5. este libro é bonito, pouca xente demostra o que realmente sente

    ResponderEliminar
  6. o libro está ben pero é algo trise.

    ResponderEliminar
  7. gustoume porque é moi sentimental

    ResponderEliminar
  8. Este libro foi o que máis me gustou de todos, aínda que ó principio era un pouco triste ,o final era moi bonito.

    ResponderEliminar
  9. Gustoume moito este libro porque é moi semintemental..

    ResponderEliminar
  10. O libro é algo triste pero gustoume

    ResponderEliminar
  11. É un libro moi triste, pero a súa vez moi bonito. O rapaz demostra o amor por ela dándolle en cada corazón de cristal un anaquiño do seu =)

    ResponderEliminar
  12. Este libro é moi fermoso e auténtico..é moi orixinal.

    ResponderEliminar
  13. Gustoume moito o final do final do libro porque é moi bonito.

    ResponderEliminar
  14. É moi bonito, a metade da xente pensa que sentir algo é unha parvada, pero se realmente sentes algo algunha vez será mellor que esa persoa o saiba.

    ResponderEliminar
  15. Gustoumo moito o final do libro porque é moi bonito

    ResponderEliminar
  16. Este libro é realmente bonito,expresa moi ben o namorado que está este home desa muller.Ela temén etá namorada del pero trátao con moita frialde.É no final do conto cando se ve ben o que se queren os dous.O final é o mellor.

    ResponderEliminar
  17. Este libro é moi bonito pero tamén setimental

    ResponderEliminar
  18. GUSTOUME moitísimo e ademais é moi bonito sobre todo como fai os corazóns.

    ResponderEliminar
  19. E precioso porque demostra un amor verdadeiro xa que o home dos corazóns sacrificou o seu para a súa amada.

    ResponderEliminar
  20. iso si que é amor,preciosísimo.

    ResponderEliminar
  21. Este libro non me gustou comparado cos outros.

    ResponderEliminar
  22. Gustoume moito máis que os outros, ao principio é moi sentimental e ao final precioso.

    ResponderEliminar
  23. É un libro moi bonito...
    ao principio é triste pero despois, esa muller que parece un toxo faise boa aínda que despois se volva toxo.

    ResponderEliminar
  24. Este libro é realmente bonito,expresa moi ben o namorado que está este home desa muller.Ela temén etá namorada del pero trátao con moita frialde.É no final do conto cando se ve ben o que se queren os dous.O final é o mellor.

    ResponderEliminar
  25. pois a min non me gustou porque os corazóns non sae do sitio

    ResponderEliminar
  26. é moi bonito pero paréceme que non vale a pena poñer un cacho de corazón,asi morre.

    ResponderEliminar
  27. este libro é moi bonito pero o que intenta é que unha muller teñ corzon

    ResponderEliminar
  28. Este libro é moi triste e moi sentimental porque trata sobre un rapaz que vai repartindo os anacos do seu corazón....

    ResponderEliminar
  29. É moi bonito pero tamen é triste porque o rapaz demóstralle o seu amor á rapaza entregándolle cada primavera un anaco do seu corazón oculto nun de crital.

    ResponderEliminar
  30. A min gustoume moito este libro porque é moi bonito

    ResponderEliminar
  31. este libro persoalmente non me gustou,non por nada,senòn que me pareceu unha parvada polo que a muller despois de dar o corazòn para o home e ela pasou de el e para leer un libro e acabar mal pois non o leo.

    ResponderEliminar
  32. é precioso, encantoume

    ResponderEliminar
  33. O máis bonito do libro é como fai os corazóns.Pero a nena non os acepta...E o día no que o neno morre ela preocupase por el...

    ResponderEliminar