Escrito por Pepe Cáccamo e ilustrado por Manuel Pizcueta, Un home impuntual (da editorial Galaxia) é un libro que me encanta, un deses pequenos álbums que xustifican e me reafirman na idea de que este formato non é necesariamente literatura infantil. Con tristura, lemos a desgraciada vida dun home que non é quen de chegar xamais a ningún lugar onde quedara á hora prevista; tan tarde se lle fai sempre que ata a súa morte xoga co seu horario. O pobre seguirá camiñando sen reloxo polas páxinas en branco que poidan quedar no libro mentres o lector poderá pechalo para si chegar puntual a calquera cita posíbel.
Unha reflexión sobre o tempo que nos amarga, sempre suxeitos ao seu mandado, sempre ollándoo de esguello para manter o ritmo de vida que a sociedade actual nos impón. É o reloxo o fundamento da nosa existencia, quen nos guía e nos indica cada actividade?
As ilustracións van en consonancia co texto, dándolle luz "atemporal".
Gustaravos. Garantido.
As ilustracións van en consonancia co texto, dándolle luz "atemporal".
Gustaravos. Garantido.
Téñoo, pero non sei onde...conseguirei outro, porque a verdade esquecinme del.
ResponderEliminarGrazas por recomendalo.