25/11/10

25 Novembro: Non á violencia contra as mulleres (CLXXVI)

Dende o noso blogue, un ano máis.

A violencia contra as mulleres e as nenas constitúe a violación de dereitos humanos máis estendida baixo diversas formas e en diferentes lugares. Son diversas as violencias, desde as expresións verbais e psicolóxicas, pasando polo acoso laboral, o abuso sexual por parte de parentes, violacións por descoñecidos, as mutilacións sexuais, esterilizacións forzadas, "crimes de honor" e asasinato de mulleres e nenas polo feito de selo.
Un amplo espectro de posibilidades ateigan o universo da violencia contra a muller, aínda que adoptamos a pensar tan só en golpes e mortes porque é o que oímos a cotío na televisión ou na radio. Non esquezades que hai violencia en moitos fogares que están ao noso derredor, desa violencia que vai minando mentes e non corpos. E non deixemos de pensar nesoutros mundos que semellan tan afastados e non o están: guerras, violacións, burkas... Moitos tipos de violencia contra un sexo que tradicionalmente tense denominado como "feble" e que tan só pide xustiza e igualdade.

15 comentarios:

  1. é un vidio moi triste todos temos que loitar contra a violencia de xénero

    ResponderEliminar
  2. Este video pareceume súper triste pero é a realidade. Agora mesmo haberá moitas mulleres e nenas que o estean pasando mal por culpa dos homes.

    ResponderEliminar
  3. vídeo triste que reflicte moi ben o maltrato, como as vítimas se van desangrando,hai que facer algo todos xuntos

    ResponderEliminar
  4. moi triste, porque é un abuso o que está a ocorrer,non me parece normal...

    ResponderEliminar
  5. triste porque hai moitos casos sobre a violencia de xénero e eso non está nada ben...nunca aprenderán.

    ResponderEliminar
  6. Este vídeo é unha mostra das dificultades que sofren moitas mulleres simplemente polo feito de ser muller.Paréceme indignante que isto aínda siga pasando hoxe en día.

    ResponderEliminar
  7. Este vídeo é moi triste ,pero lamentablemente é a realidade de moitas mulleres.

    ResponderEliminar
  8. é moi escalofriante pero a ver se así asentan a cabeza

    ResponderEliminar
  9. Este video é moi triste,pero en moitos lugares hai violencia de xénero e nós temos que loitar para que isto non ocorra no futuro.

    ResponderEliminar
  10. Un vídeo con moita expresividade e moita crudeza, a violencia de xénero é así, unha cruda realidade.
    Estou a botar en falta as suxestións que no correo Plambe se facían desde este blog, a mítica frase "Por se é do voso interese", para min seguedes a ser un blog de referencia que non deixou nunca de visitar. Parabéns polo voso traballo.
    Unha aperta.
    Encarna.

    ResponderEliminar
  11. grazas polas túas palabras, pero sei que sabes o por que do silencio. non sabes canto as agradezo.

    ResponderEliminar
  12. Este video e moi triste porque expresa todas as pingas de sangue que se derraman cando un home maltrata a unha muller...

    ResponderEliminar
  13. Pareceume un texto que explica moi ben o que é a violencia de xénero , e penso que todos deberiamos de facer algo para que isto non seguise ocorrendo .

    ResponderEliminar
  14. Conta moi ben o que é a violencia de xénero ,e penso que todos tiñamos que loitar para que isto non ocorrese .

    ResponderEliminar