10/11/10

As manoplas de Carapuchiña


Unha nova versión do clásico conto de Carapuchiña é este que nos trae a editorial OQO da man de Inés Almagro e ilustracións de Mikel Mardones: As manoplas de Carapuchiña recolle a tradición pero cunha paisaxe nevada que abraia ata a propia Carapuchiña quen chega a preguntarse como cambiou tanto o seu propio conto; por tanto, o humor está servido, contando coa complicidade do lector e dos propios personaxes, pois todo o mundo é sabedor da historia e debe xogar con esta variación. E é que sobre Carapauchiña inda non está todo dito...

Ningún comentario:

Publicar un comentario