21/11/10

Boas iniciativas



Onte fun alugar unha película e atopei unha sorpresa moi agradable no vídeo-club de Lalín, Estévez: viñan de facer un recuncho do lector. Falando con eles propúxenlles que organizasen unha mostra de cine e literatura, pois vin que tiñan moitos libros convertidos en películas. Resultou moi agradable e non puiden evitar facer un par de fotos.
Gústanme estas iniciativas, a pesar da lingua que usan, algo que xa recriminei (con nulos resultados, por suposto).




3 comentarios:

  1. Ata poderían crear un club de lectura e todo

    ResponderEliminar
  2. En Santiago tiñamos un videoclub Estévez que pechou, imaxino que polo pirateo.

    Unha vez atopeime cun amigo na porta e chamoume parvo por alugar películas e non baixalas......Agora xa non teño videoclub cerca da casa, por culpa dos "piratas do índico".

    Igual dentro dun tempo nos chaman pardillos ós que vaiamos á librería a mercar un libro en papel e non o baixemos gratis de internet.

    ResponderEliminar