Co alumnado de 3º de ESO estivemos o venres pola mañá en Culturgal: non podiamos faltar á festa da cultura galega! (E menos mal que fun ese día, porque hoxe coa neve os plans de volver trastocáronse). Aprendimos o que é a poesía visual da man de Branca Novoneyra, quen tamén recitou algúns dos seus poemas, e logo escoitamos o hip-hop de Fluzo que toleou ao alumnado alí presente. Un paseo pola feira, case en construción, axudounos a darnos unha idea de canto alí ía haber.
Ese hip-hop de Fluzo!!!
ResponderEliminarAnima o alumnado a descargar os temas de Non Residentz, anterior proxecto de Hevy, en nonresidentz.com.
E o proxecto actual podes atopalo en Komunikando.net ou directamente en www.fluzeando.com.
saúdos
Interesante foto de Branca Petra Novoneyra e Iria Pinheiro....onde andaría eu????
ResponderEliminarDivertido e interesante. Aída que os do colexi do lado me pareceron bastante imbéiles non lograron estropear a actividade.
ResponderEliminarEsta escursión foi moi divertida, a exposición dos libros era enorme había moito onde escoller e con respeto a actuación de hip-hop e aos poemas de Branca estiverón ben só que a lectura dos poemas foi moi aburrida, moi sosa.
ResponderEliminaraburrinme moito coa tipa pero despois animeime algo co tema do hip-hop
ResponderEliminarestivo xenial! branca non pero fluzo é o xefe...
ResponderEliminaro contido da visita a Pontevedra non me gustou moito o único que salvo é a feira...
ResponderEliminarEsta escursión estivo bastante ben aínda que os poemas de Branca non me gustarón nada,polo demais estivo moi ben.
ResponderEliminarEsta excursión estivo bastante ben pero os poemas non me gustaron moito, o mellor ocorreu cando tivemos algún tempo libre.
ResponderEliminarnon me gustou o recital nin como bailaba Branca, a actuación de malandromena estivo bastante ben, en resumo, foi unha mañá entretida
ResponderEliminar