24/11/10

La mejor familia del mundo


La mejor familia del mundo de Susana López e ilustrado por Ulises Wensell, publicado por SM, lévanos da man aos medos e fantasías dunha nena que vive nun orfanato e que vai ser adoptada. Un fermoso libro que recibiu o Segundo Premio no 2º Concurso Internacional de Contos para Nenos de Imaginaria e EducaRed.
Recoñezo que me chamou a atención polo título e a información da contracapa: unha nena que agarda a súa propia adopción. E isto supón a vertixe real mesturada coa lectura tenra do libro. E gustoume a xenerosidade do amor que reflicte, así como a felicidade contida en pequenos tarros que non precisan de grandes fazañas.
Creo que é un libro moi recomendable.





8 comentarios:

  1. é un libro moi bonito que de algún xeito o seu desexo cumpriuse de ter unha boa familia

    ResponderEliminar
  2. Este libro gustoume moito, pareceme moi bonito que ao final a nena encontrara a familia que tanto desexaba.

    ResponderEliminar
  3. Paréceme un libro moi fermoso e moi fácil de comprender

    ResponderEliminar
  4. este é un libro moi bonito,os seus desexos da familia perfeta fanse reais nunha soa familia,todo se pode facer realidade.

    ResponderEliminar
  5. este conto ten moita imaxinación porque a rapaza quería ter unha familia que fixera de todo.

    ResponderEliminar
  6. este libro gustoume porque de soños tamén se vive e a esta nena en certa parte cumprironselle

    ResponderEliminar
  7. Este libro foi bastante bonito é entretenido , sobre todo gustoume o seu final.

    ResponderEliminar
  8. Este é un libro moi bonito, gustoume porque acaba moi ben.

    ResponderEliminar