09/11/10

Os invisibles

O actor e produtor mexicano, Gael García Bernal, en colaboración con Amnistía Internacional, gravou unha viaxe chea de abusos, secuestro, violacións e mesmo asasinatos en catro curtas: "Os invisibles". Cada ano, miles de persoas deixan atrás os seus fogares en Centroamérica e atravesan México como migrantes irregulares. Viaxan coa esperanza de chegar a Estados Unidos e de ver cumprida alí a promesa de traballo e dunha nova vida.









1 comentario:

  1. Impresionantes documentos.
    Eu botei unha tempada nos EEUU e souben dalgúns casos de migrantes que dan para varias novelas e non románticas, por certo.

    ResponderEliminar