21/11/10

Riveiro Coello en Forcarei

O luns pasado Antón Riveiro Coello tivo a xenerosidade e amabilidade de compartir connosco algunhas das horas docentes. Primeiro reuniuse co alumnado de 2º de ESO, quen previamente lera A voz do lago, e logo foi á aula de 4º de ESO para falar de A Quinta de Saler. Somos conscientes de que nos fixo un gran favor ao non dubidar en ningún momento en aceptar a nosa suxentión-invitación de vir a un centro pequeno con pouco alumnado para que este puidese coñecelo e, todo hai que dicilo, gozalo. Porque hai que engadir que o resultado foi excelente: o tempo non chegou a nada. Ademais, dous dos meus nenos de 3º de Diversificación estreáronse como presentadores... e non o fixeron nada mal!
Eu, pola miña parte, agradézolle ademais esas horas de lecer que logo compartimos e aproveitamos para falar, maioritariamente, de libros.
Desde o noso recuncho, grazas, moitas grazas, Antón, pola túa xenerosidade.

16 comentarios:

  1. ¡Que atentos e atentas se lles ve! ¡Que formalciños!
    Para que logo despotriquen contra a nosa xuventude...

    ¿E non terá moito que ver nesta actitude a actitude do seu profesorado?

    Hai moitas formas de avaliar o clima dun centro ou dunha aula e este vídeo é unha delas. E o resulta é sensacional.

    Parabéns

    Moito ánimo. Xabimusic

    xabimusic

    ResponderEliminar
  2. Procuramos facelo o mellor posible, pero pódoche asegurar que este alumnado de Forcarei é do melloriño que hai: son xente moi nobre.
    Pero moitas grazas polas túas palabras. Quédoche moi agradecida.
    Saúdos afectuosos

    ResponderEliminar
  3. Que bos recordos regresan a miña mente ao ver estas imaxes!
    Eran outros tempos...jeje

    ResponderEliminar
  4. si, Cristina, semella que pasaron moitos anos, verdade?

    ResponderEliminar
  5. Semella...

    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  6. foi unha charla moi divertida e Antón é un home moi simpático

    ResponderEliminar
  7. é unha persoa moi alegre, simpático, a súa charla foi moi entretida

    ResponderEliminar
  8. Esta charla foi bastante divertida, porque Antón Riveiro é moi simpático, paseino bastante ben.

    ResponderEliminar
  9. a visita estivo moi ben...porque a historia que nos contou a min fixome graza

    ResponderEliminar
  10. Pareceume unha actividade moi agradable grazas a que el é un home moi simpático.Aparte do libro tamén nos falou un pouco da súa vida e é moi interesante.

    ResponderEliminar
  11. Antón pareceume boa persoa e simpático,contounos anécdotas sobre o libro e sobre a súa vida,estivo ben

    ResponderEliminar
  12. Antón pareceume unha persoa moi agradeble , simpático é divertido , en resumen a charla encantoume.

    ResponderEliminar
  13. Antón é moi boa persoa,por iso a charla foi moi agradable e aparte de falarnos sobre o libro tamén nos contou algunha anécdota súa.

    ResponderEliminar
  14. Pareceunos moi divertido, simpático. Es la leche!!!
    Era moi interesane todo o que dicía. Sorprendeunos, porque pensabamos que ía ser aburrido e demostrounos que os escritores non teñen por que selo.

    ResponderEliminar
  15. máis alumnado de 2º1 de decembro de 2010, 14:11

    O autor foi moi divertido e simpático e a charla foi moi entretida.

    ResponderEliminar
  16. Ai este home non sei... Moi perverso iso si jajajaja e todos saben porqué o digo... As vellas do seu pobo... Se facía certa cousa coa muller... E el que contestou que se se deixara... jajajajj

    ResponderEliminar