17/12/10

1€


Encantoume esta novela gráfica sen palabras de Federico Delicado publicada por El Jinete Azul. Curiosamente, o apelido do autor coincide co reusultado da novela: delicada. E non pensedes en pasar as páxinas con toda présa para "lela" deseguida; non, 1€ merece unha lectura sosegada, onde a vista debe deterse en cada páxina para gozar de cada viñeta e reparar en todos os detalles para non perderse ren da historia. Unha historia de orixes diferentes cunha fin común. Sensible, fermosa.
Os trazos son sinxelos, de xeito que axudan á narración, que precisamente por ese minimalismo será doada de comprender.


Ningún comentario:

Publicar un comentario