11/12/10

El pacto del bosque


El Jinete Azul ofrécenos este delicadísimo e doce álbum de Gustavo Martín Garzo con ilustracións de Beatriz Martín Vidal: El pacto del bosque. Só a portada incita a lelo, porque as ilustracións conseguen ser dunha fermosura que talmente cada dobre páxina é un cadro exposto no corredor de calquera museo. Se o texto é de Martín Garzo, sabemos que a elección é axeitada. Con este, volvemos ao mundo da natureza e dos animais, e sobre todo ao amor. Mellor dito, ao Amor.


6 comentarios:

  1. Este libro non é feo, pareceme interesante que os dous coellos conseguiran que os lobos deixaran de perseguilos para comelos, iso foi grazas ao coello Lambetón que curou a unha loba gris dunha cegueira.

    ResponderEliminar
  2. Este é un libro magnifico cunhas ilustracións preciosas

    ResponderEliminar
  3. este libro é fermoso, a histoía que conta é moi bonita e os coelliños non podían ser máis cucos.

    ResponderEliminar
  4. este conto trata de dous coelliños que se perderon e encontran a unha loba a punto de ter lobiños que non vía e axudáronlle. A historia é moi entretida e moi bonita

    ResponderEliminar
  5. a min non me gustou moito porque non é moi crible

    ResponderEliminar
  6. pois este libro está moi ben debuxado e tamén é unha historia moi bonita

    ResponderEliminar