31/12/10

Feliz ano

Temos moito que pedir ao novo ano que comeza. Que non sexa peor ca este. A nivel persoal, que se arranxen moitos desfalecementos. A nivel blogueiro, que sigades connosco, que a nosa voz mereza chegar a máis persoas. A nivel mundial, que haxa máis equilibrio.
Pero sobre todo queremos darvos as grazas por estar connosco este ano, por comentar, por seguirnos, por coñecernos, por compartírmonos. Que o 2011 nos traia máis momentos de intimidade e máis amigos, que saibamos proceder e cumprir as vosas expectativas. Que saibamos pór un chisco de luz nas tebras.



Hai un ano falabamos do decreto; hai dous falabamos de esperanza; hai tres dos nosos comezos... Pero o espírito segue a ser o mesmo: a nosa lingua como base e a igualdade social xunto coa lectura como meta.
Que a humanidade sexa máis humana!
Feliz ano a TODOS E A TODAS!


12 comentarios:

  1. Bo 2011 e mellores libros.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. aaggg!!! por pouco non chejo a tempo de desirche:

    FELIS ANO!!!!!!

    A Sabela.

    ResponderEliminar
  3. Bo Aninovo! E non defalezades nesa laboura tan estupenda e importante que facedes día a día.
    Unha aperta
    Frianciño

    ResponderEliminar
  4. Entre as túas peticións para o novo ano, gustoume moito unha en especial: "moito equilibrio".
    ¡Que sabia es!

    ResponderEliminar
  5. Feliz aninovo tamén para vós, Anxo e Gracia.

    ResponderEliminar
  6. Eu tamén desexo que no ano 2011 se cumpran todos os teus desexos, e que segades a ser un blog de referencia dentro do mundo das Bibliotecas Escolares Galegas. Grazas "Gracia" por estar sempre aí, en primeira liña.
    Encarna.

    ResponderEliminar