21/12/10

Hadabruja


Barbara Fiore publicou este álbum de Brigitte Minne ilustrado por Carll Cneut: Hadabruja. Un álbum que nos fala de transgresión e da non aceptación de normas sen pelexar polo que un cre máis xusto. De ideais que convencen. De sermos diferentes sen por iso ser peores. Por que ser só unha fada se tamén se pode ser bruxa? Pero para isto haberá que pelexar e convencer coa razón da demostración.
Un álbum que combina a cor rosa da fada coas máis escuras da bruxas para unirse a un texto que ao final fala do máis importante que debe haber na sociedade: tolerancia e respecto.
Porque..., quen quere ser unha fada podendo ser bruxa?


6 comentarios:

  1. Este libro é moi simpático e ensínanos a ver as bruxas doutra maneira máis simpática

    ResponderEliminar
  2. Este libro gustoume, demostra que as nais só queren o mellor para os seus fillos e as cousas que lle prohiben facer é polo seu ben. Só que algunhas veces como sucede no caso desta nai, a filla fai o que en realidade quere para que a nai vexa que a súa filla é feliz nesa nova vida. E agora é unha hada e unha bruxa.

    ResponderEliminar
  3. este libro está moi ben,e demostra que as fadas non son tan guais e as bruxas non son tan malas como parecen ,senón que son divertidas; tamén demostra que as nais queren o mellor para os fillos,e acceden a que fagan cousas porque a eles lle gustan

    ResponderEliminar
  4. ao final pode ser fada e bruxa ao mesmo tempo

    ResponderEliminar
  5. que non todo o mundo ten que ser o que lle manden

    ResponderEliminar
  6. A min este libro non me gustou moito e a xente ten que ser o que queira, non o que lle manden

    ResponderEliminar