05/12/10

Hansel y Gretel


Si, xa sei que tod@s coñecedes esta vella historia. Pero é que este non é un simple libro que a recolla. Este é un libro totalmente especial. Que podía ocorrer por outra parte vindo dunha editorial coma esta?: Libros del Zorro Rojo ten a capacidade de sorprendernos con cada libro que publica. Este conto dos irmáns Grimm adquire unha nova dimensión coas ilustracións de Lorenzo Mattotti, convertendo o libro en calquera cousa menos nun libro "especialmente" infantil. A historia que coñeciamos presenta unha nova dimensión grazas a estes trazos escuros en branco e negro que serven para acentuar o que de tráxico ten a historia.
Se vos gustan os álbums ilustrados tanto como a min, comprobaredes que é un álbum propio de adultos, totalmente impresionante.




En Papel en blanco.


2 comentarios:

  1. Completamente de acordo. De feito, non o merquei para o cole porque ata a min "metíame" medo...

    ResponderEliminar
  2. Pois a min prestáronmo os do cole de Bandeira!

    ResponderEliminar