06/12/10

Poker Chips

Metáfora de como elevar a autoestima de rapaces e rapazas con fichas de póquer.




Vía Libro de Notas

5 comentarios:

  1. Pero, que charlatáns son estes americanos. Encántanlles os predicadores. Que rollo para dicir algo tan simple: aos fillos/alumnos hai que darlles máis estímulos positivos que negativos.

    Xabimusic

    ResponderEliminar
  2. Concretando máis e no nivel escolar: hai un recurso básico nas mans do profesorado para mellorar a autoestima do seu alumnado que eu sempre utilicei. Eu chámolle "a pedagoxía do éxito". Trátase de propoñerlles retos e actividades que poidan superar fuxindo das que sabemos de antemán van facer mal.
    En linguaxe máis coloquial: fuxir do "xa o sabía eu" cando tropezan e caen.

    Xabimusic

    ResponderEliminar
  3. Co permiso de Ronsel quero aproveitar esta ventaniña para manifestar o meu pesar polo falecemento do meu amigo e compañeiro Marcos Valcarcel. O mundo da cultura en Galicia e máis en concreto en Ourense está hoxe de loito.

    Xabimusic

    ResponderEliminar
  4. Por partes:
    Si que son predicadores, e si que hai xeitos de facer as cousas ben. Todos erramos, aínda que sen querer cantidade de veces.
    Compartimos contigo o loito: ultimamente a Galicia da cultura galega está a quedar moi orfa.

    ResponderEliminar
  5. Certamente o sermón podía resumirse; pero e que aos americanos gústanlles este tipo de homilías.

    Xúntome con vos ó loito pola perda de Marcos.

    Deixo aquí apertas

    ResponderEliminar