15/12/10

Rosa Blanca

Editado por Lóguez e escrito por Christophe Gallaz, a idea e a ilustración é do meu admirado Roberto Innocenti, un home que nos namorou dende o primeiro libro que coñecemos. E do que temos, editado por Kalandraka, As aventuras de Pinocho, A historia de Erika e La casa, ademais de El último refugio: todos e cada un deles son especiais e fantásticos.
Temos en Rosa Blanca o hiperrealismo de Roberto Innocenti, como non podía ser doutro xeito, ao servizo da emoción e da reivindicación da paz, como forma de vida imprescindible. O final non é común entre os álbums chamados infantís, aínda que era o único final posible nun libro realista e minucioso coma todos os que nos ofrece este ilustrador-autor: un final que axuda na mensaxe que transmite o libro e que dá pé a unha profunda reflexión sobre a imbecilidade de calquera guerra que o ser humano provoca e mantén. Porque tamén aos máis pequenos hai que lles falar claramente, e porque este é -coma moitos outros- un álbum non infantil que non ten idade: outra das súas grandezas.
Un libro deses que, irremediablemente, colles do andel para follear, e en cada volta toparás nas ilustracións un novo detalle que se che pasara anteriormente.


8 comentarios:

  1. Moitas grazas por esta fermosa recomendacion!

    ResponderEliminar
  2. Este libro é moi bonito, pero moi triste. Pero gustoume moito poder lelo.

    ResponderEliminar
  3. este libro pareceume moi triste, bueno sabendo que era sobre nazis xa me imaxinaba que ía ser triste.

    ResponderEliminar
  4. a min non me gustou nada o libro, o único que salvo é quen o contou

    ResponderEliminar
  5. Paréceme unha historia moi triste porque trata de nazis e tipos destes.

    ResponderEliminar
  6. unha historia moi triste no que a rapaza era moi bondadosa cos encarcerados

    ResponderEliminar
  7. este conto é moi triste porque teñen e xente encerrada sen comer ao final mátanos a todo e a Rosa que era quen os axudaba

    ResponderEliminar
  8. Este é un libro moi triste e moi real que me gustou moito.Ten unhas ilustracións moi boas

    ResponderEliminar