Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

28/02/10

Arranxámolo entre tod@s?

Queremos arranxar isto, e non imos agardar a que alguén o faga por nós.

Porque, se non o arranxamos nós, quen o vai facer?
Levamos demasiado tempo vendo en todas partes o mal que está todo. É case o único que nos contan.
Pero a crise non só está aí fóra, tamén está nas nosas cabezas. Fixéronos perder a confianza, contaxiounos o pesimismo, o desánimo.
Isto é o primeiro que debemos arranxar, queremos recuperar a confianza.
Temos motivos para nos animarmos. Nesta web atoparás moitos. Historias de xente coma ti e coma min, que se enfrontaron ao momento, que demostran que con ilusión, creatividade, esforzo e compromiso se pode conseguir todo.
Xente que cre en si mesma e o demostra a cotío desafiando a crise.
Por exemplo, sabías que cada mes se crean cinco mil empresas neste país? Non che parecen cinco mil poderosas razóns para crer?
Queremos que coñezas esas e outras historias, que te inspiren, que te animes, que as compartas, que formen parte das conversas e que consigamos que acaben chegando aos medios de comunicación, aos telexornais, aos editoriais, entre as noticias do malo e o peor.
Temos que contaxiar a confianza do mesmo xeito que se contaxiou o pesimismo.
Porque cando ti, e ti, e ti, e eu, nos convertemos en nós, non hai nada que non poidamos arranxar.





estosololoarreglamosentretodos.org

Toño avísanos sobre esta campaña. Mirade quen paga!:
http://www.nodo50.org/Se-optimista-Consume-hasta-morir.html

La humillación

Non sendo nin de lonxe a mellor novela de Philip Roth, quen nos deixa decote con este sabor amargo pola súa obsesión do paso do tempo, a perda das forzas físicas, a sexualidade atormentada... sempre resulta ser un gran escritor que decide engancharnos aos seus libros ata que os rematemos. La humillación, con estrutura teatral, deixa un pouso de tristura máis alá polo seu tráxico final, porque desde a primeira liña destila amargura, porque o ser humano vaise derrotando co paso do tempo. Un libro onde o sexo é case fío condutor (tórnase aquí explícito, abondoso) para nos falar dun tema recorrente neste autor: a masacre que o paso do tempo lastra nos nosos corpos, sen poder remedialo, sen sermos quen de loitar contra ese inexorable destino, agás que decidamos pór fin -como fai o protagonista- antes de tempo a un destino de soidade angurienta.
Non hai a fondura dos personaxes coa que Roth nos tiña acostumados, pero si hai ese pouso de boa literatura que este autor, escriba o que escriba, posúe. Porque lle pertence.
Pero se nunca lestes nada del, por favor, non comecedes por este libro. Decepcionaravos e probablemente non cheguedes a descubrilo. E paga a pena telo nos nosos andeis. Para iso ten trinta libros, non? Segue a ser, para min, un dos mellores escritores actuais.

I have something great to reveal!

Who’s the hero of the entire world?

Non á violencia contra as mulleres (CXXXVI)

27/02/10

As meninas

Como me interesou moito o contido e o vídeo deste post do noso blogue amigo Iniciarte, copio e pego, agardando permiso do seu autor:

Juan Carlos Ortega intenta descubrir que pasa nesta escena tantas veces interpretada. O misterio dun espello que reflicte aos reis non presentes no cadro, a ousadía dun pintor de corte retratado xunto á realeza a mediados do século XVII, o momento paralizado dunha escena da corte. Os expertos falan de "Un cadro aberto e sen clasificación posible" e nós dunha obra que nos axuda a explicar mellor que ningunha a intención deste programa, unha obra cunha metade invisible en si mesma. Grazas á axuda de expertos como Javier Portús, Rocío Dávila, María Cruz de Carlos, Fernando Marías, Carmen Garrido e Malén Gual entraremos no aire das Meninas, na forma de pintar de Velázquez, no ambiente da época, nas intencións do pintor e nas consecuencias dunha obra.


La mitad Invisible: Las Meninas


A Rolda Nocturna

Encantoume este libro de Sarah Waters publicado por Galaxia: A Rolda Nocturna foi Premio Novela Europea no ano 2008. Teño que dicir que non coñecía esta autora e convenceume: convenceume a súa prosa e convenceume a historia, unha historia cuns protagonistas marcados pola dor da Segunda Guerra Mundial nunha cidade, Londres, bombardeada e destruída día tras día. Unha historia na que o amor homosexual debe ser agochado (pouco cambiaron os tempos!) e a intolerancia social está marcada cara a aqueles que poden ser "diferentes".
Unha historia que vai retrocedendo no tempo para comprender mellor as situacións ás que se enfronta cada personaxe, ligados entre si polo azar ou por un minúsculo detalle.
Despois de saír das ruínas e a destrución que supón a guerra, as persoas que protagonizan o libro deberán seguir adiante nunha situación que nos semella conmovedora, triste, cunha esperanzadora mirada cara adiante. No libro hai lugar para o amor, a infidelidade, o adulterio, a valentía, a honestidade, a felicidade, o humor, o desánimo, a intolerancia... unha lección de bo quefacer literario que non vos decepcionará.
Un libro máis que recomendábel que podemos ler na nosa lingua.

Cirurxía

Nada é o que semella, cando menos en publicidade:


video

26/02/10

Bebé-yoncé

Botade uns risos para comezar ben a fin de semana. Naceu co ritmo no corpo ou é un milagre musical?


video

Un día en Nova Iorque

Un día na vida de Nova Iorque en miniatura: non falta de nada!

The Sandpit from Sam O'Hare on Vimeo.



Vía Fogonazos

Xornalismo galego solidario


Ás veces non coñecemos o que temos máis próximo. A min pasoume con "Agareso": non sabía da súa existencia ata que o outro día vin esta engrada no blogue Illas Cíes. E para que vós tamén saibades que existen persoas coma estas, aquí volo deixo:

La ONG AGARESO (Asociación Gallega de Reporteros Solidarios) cumpliremos dos años el próximo 7 de mayo. Con pocos recursos y ayudas, pero con la inestimable colaboración de otras ONG y el compromiso y el esfuerzo de los reporteros que trabajamos en esta asociación, hemos podido realizar importantes proyectos solidarios tanto en Galicia como en Ucrania, Sahara, Marruecos, Ecuador, Perú, Golfo de Fonseca, República Dominicana o Guatemala, entre otros lugares. Una labor que se cimienta en: Visibilización, Sensibilización, Integración, Solidaridad, Cooperación y Periodismo.


25/02/10

La flauta del vaquero

Curta do animador chinés falecido recentemente Te Wei:



Sempre hai un lugar para a poesía (LXXII)

Es entonces cuando

Es entonces cuando
adviertes
que la velocidad a la que amanece
vibra,
vibra y su pulsión es
distinta,
y distinta significa errónea.
Es entonces cuando el
error
convierte todo tu mundo en
espasmo.
El espasmo helado
que te sacude antes de
que la lengua de fuego
abata tus sueños.

Alber Vázquez
de La mano que decide la intensidad del agua (Libro de notas, 2008)

Desculpas

Pedir desculpas a un amigo é o que ten: que che contesta con violíns!



Grazas, E.

A triste realidade

Frase do oncólogo brasileiro Drauzio Varella:


"En el mundo actual, se está invirtiendo cinco veces más en medicamentos para la virilidad masculina y silicona para mujeres, que en la cura del Alzheimer. De aquí a algunos años, tendremos viejas de tetas grandes y viejos con pene duro, pero ninguno de ellos se acordará para que sirven".

24/02/10

Punto cego

Blind Spot (El punto ciego) é unha curta de animación en 3D producida por Gobelins en 2007. Unha anciá que ve moi mal vese implicada por un atracador inexperto nun roubo a unha tenda.


Blind Spot from Cécile Dubois-Herry on Vimeo.



Vía Más que libros

Crónica dunha viaxe

Hoxe contamos cunha colaboración de excepción. Non é un lector que queira recomendar un libro, non, é un "viaxante" que nos quere comentar unha experiencia que a el -e agora a nós- lle pareceu especialmente atractiva e digna de espallarse.
Desde aquí, queremos dar as grazas ao compañeiro Xulio por compartírmonos; agardamos volver a telo neste blogue.


Polo Antroido viaxamos cara as terras de Val d’Oise, departamento próximo a París que acolle un conxunto de paisaxes naturais. Fomos a Saint-Leu-la-Forêt, unha vila fermosa e tranquila; as xentes que nos trataron, amables e, coma din na súa fala, “très gentils”.
Nun dos días de andaina, o noso anfitrión levounos a unha vila chamada Auvers-sur-Oise, onde se atopa un fermoso castelo, a casa do doutor Gachet e, alén doutras moradas, o museo do asente, licor preferido dos artistas de finais de século XIX (feito a partir dun preparado de plantas entre as que se atopa a Artemisa absinthium), utilizado tamén con fins terapéuticos e que daría para outra historia distinta a que refiro.
A vila de Auvers-sur-Oise é famosa por acoller no camposanto as tumbas dos irmáns Vincent e Théo van Gogh. Auvers-sur-Oise foi un dos lugares favoritos de numerosos artistas como Cézanne, Pisarro, Sisley, Monet e o devandito Vincent van Goth, seica seducidos polo carácter rústico e pintoresco da vila…
A min chamoume a atención todo canto escribo, e ver como na praza de “la Mairie” (do Concello), ao mediodía, un home de voz forte e profunda, le crieur public (que eu traduzo como “berrón público”), sobre un caixón, contaba historias de amor, denuncias, venda de obxectos, chistes, poemas… Escoitabamos aquel home na compaña de moitas máis persoas, algúns foráneos coma nós, outros, os máis, veciños e veciñas da vila; e a cada intre aplaudiamos o recitar dos textos…
Logo de facer parada nun café, chamado “Sous le Porche”, descubrín de certo a historia: desde hai tres anos, cada domingo ao mediodía, na praza do concello de Auvers-sur-Oise, le crieur public grita as mensaxes e anuncios que os veciños da vila redactan nas follas que se atopan a disposición do público no citado café e que deben depositar con antelación nunha caixa azul situada á porta do mesmo, polo módico prezo de 1€ cada mensaxe. Seica as de amor son gratuítas, pois como aseguran nos folletos explicativos: “as mensaxes de amor non teñen prezo”.
Pensei na Galiza, nas prazas dos concellos das nosas vilas, en que ben poderiamos nomear un crieur public para cada unha delas, e aos domingos ao mediodía, todos os domingos do ano, berrar sen desmaio poemas de amor pola nosa terra, protestas contra dos que queren que sexamos plurilingües e reneguemos da nosa lingua, anuncios de cousas alegres, denuncias dos parlamentarios que se apropian do indebido e din que son disfuncións, contos do pasado e do presente… E todos poderiamos escribir de vez en cando algunha historia para contar e todos iriamos a escoitar ao crieur public ao mediodía dos domingos, e sería o lugar e a hora de conversa dos veciños, tan escasa nos tempos que están a correr… e quen sabe?... Se cadra este sería o xeito de sermos máis nós.

Tras o terremoto

Vídeo de gran crueza do fotógrafo Khalid Mohtaseb que amosa as consecuencias do terremoto de Haití unha semana despois.

Haiti Earthquake Aftermath Montage from Khalid Mohtaseb on Vimeo.



Vía

23/02/10

A nena que odiaba os libros

Esta historia animada presenta a Meena, unha nena que odiaba os libros, seguramente porque na súa casa habíaos a centos. Os seus pais son grandes lectores, pero ela négase a ler. Pero un día, Meena quere coller o gato, que se subiu enriba duns cantos libros... e a ver que ocorre!




Vía No sólo libros

Unha historia que non vou contar

Cando xa pensabamos que a nosa impagable e inestimable colaboradora Rosa nos tiña esquecidos, chéganos a súa opinión sobre unha novela que, por fin, -asegura textualmente- lle gustou: Unha historia que non vou contar de Cid Cabido.
Así que, como non, querida Rosa, moitas grazas. Agardámoste, coma sempre.


Que se pode esperar dun libro que se titula Unha historia que non vou contar? Pois, así de inicio, suxíreme unha especie de reto, coma se o autor me estivese dicindo “Vaste atrever a ler un libro que se titula así?" E cando vexo que o autor é Cid Cabido teño aínda menos dúbidas de que, en efecto, me está retando, polo que xa non demoro máis a lectura. Afortunadamente.

Seguindo técnicas similares ás de Truman Capote en A sangue frío ou Cercas en Soldados de Salamina, o autor parte dun suceso real (o asasinato dun afamado conserveiro en Vigo nos 70) para construír unha ficción que tamén ten moito de non ficción. O narrador é un escritor que está intentando escribir unha novela sobre este suceso; da súa man imos dunha versión a outra dos feitos, devorando páxinas para tratar de aclarar o suceso, para alcanzar a Verdade, tan esquiva e finalmente tan relativa.

A orixinalidade, a intriga e o humor guían a lectura destas só 267 páxinas –que marabilla nos tempos que corren!- probablemente porque o autor non quixo escribir “un deses ladrillos de mil páxinas que adoita ler a xente que nunca le máis dun libro ó ano”, en palabras do propio narrador da historia.

O idioma máis simple do mundo


Dos 6.000 idiomas que se falan no planeta, o idioma da tribo piraha, localizada na ribeira do río Maici, en Brasil, é o idioma máis simple do mundo, falado por 200 persoas. Esta lingua carece de palabras para expresar o concepto dun número específico, polo que as cantidades exprésanse de maneira relativa. Isto, claro, porque contar non é útil na súa cultura. Tampouco teñen palabras para designar as cores, nin pronomes nin oracións subordinadas. Só teñen 8 consoantes (7 as mulleres) e 3 vogais. E son monolingües. Para compensar, a lingua piraha posúe unha morfoloxía verbal moi complexa, así como un sistema prosódico enleado.
Seguro que a maior parte do noso alumnado preferiría estudar este que o noso.

Vía Papel en blanco.
Para saber máis, preme aquí.

Grazas ao comentario de Migramundo chegamos a este vídeo:



22/02/10

Orgullosos, nós tamén


Estupenda iniciativa a da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística: Orgullosos do noso, orgullosos da nosa lingua.

Martín (Martiño???) Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%:








En galego, proba e verás from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

Botchan

Natsume Soseki escribiu Botchan en 1906 pero segue a ser unha gran obra que non perdeu un ápice de humor nin sarcasmo, un libro recomendable para calquera lector, pero máis se este se adica ao ensino. Un libro cun século de vida imperecedeiro, posto que algunhas das situacións ás que se ten que enfrontar o protagonista lembrarannos a moitas de hoxe en día: o rexeitamento, a burla, o mal compañeirismo... son o quefacer cotián deste profesor inmaduro que se converte nun personaxe entrañable desde o principio da lectura. De fondo, unha crítica ao sistema educativo que segue a ser actual.
Os risos tédelos asegurados, os bos momentos lectores tamén. E mirade que sempre falo de libros tristes! Por fin, un bo libro, divertido, ameno, ben escrito, que vos gustará seguro.
Grazas, querida Luz, polo préstamo e recomendación.

“Desde niño, he tenido una impulsividad innata que me viene de familia y que no ha hecho más que crearme problemas. Una vez, en la escuela primaria, salté desde la ventana de un primer piso y no pude andar durante una semana. Alguien se preguntará por qué hice semejante tontería. Pero la verdad es que no hubo ninguna razón especial. Simplemente estaba un día asomado a una de las ventanas del nuevo edificio de la escuela, cuando uno de mis compañeros de clase comenzó a meterse conmigo diciéndome que, por mucho que me hiciera el gallito, en realidad no era más que un cobarde y que no sería capaz de saltar. El bedel tuvo que llevarme esa misma noche a cuestas a mi casa. Cuando mi padre me vio, se enfadó muchísimo y me dijo que no podía comprender cómo alguien se podía quedar sin caminar simplemente por haber saltado desde la ventana de un primer piso. Le respondí que la siguiente vez que saltara no me volvería a ocurrir.

Otro día estaba yo jugando con el reflejo que el sol producía en la hoja de una bonita navaja importada que uno de mis parientes me había regalado, cuando uno de mis amigos exclamó:

- Brillar, brillará mucho. Pero seguro que no corta nada.

- ¿Que no? -le respondí yo-. Mi navaja puede cortar cualquier cosa.

- ¿A que no puede cortar uno de tus dedos? – me desafió.

- ¿Que no? -le repetí yo-. Mira. -Y entonces empujé la hoja en diagonal sobre mi pulgar derecho. Afortunadamente, la navaja era pequeña y mi hueso estaba sano y fuerte, por lo que todavía conservo el pulgar, aunque tendré una cicatriz mientras viva.”


Causas da miseria de Haití

Tiña gardado este artigo desde o terremoto de Haití. Creo que é máis ca interesante: cómpre unha lectura reflexionada sobre o noso papel nos desastres que ocorren. Pregúntome se aínda estaremos a tempo de cambiar algo, ou se pola contra o mal xa está feito.

Haití é unha terceira parte de La Española, a segunda illa máis grande do Caribe. A súa renda antes do terremoto era de 1300 dólares anuais per capita, o que contrastaba cos 8200 do veciño país, a República Dominicana. É o país máis pobre de América. A causa? Seguramente a deforestación e a destrución do chan.





A imaxe amosa unha zona limítrofe entre Haití, á esquerda, e a República Dominicana á dereita. É dicir, verde á dereita e deserto á esquerda. Así o explica Joel K. Bourne:

Haití ha perdido su suelo… y los medios para alimentarse.
“Tè a fatige”, dijo el 70% de los granjeros haitianos en una encuesta sobre sus problemas agrícolas más importantes: “La tierra está cansada.”
Y no sorprende. Casi desde 1492, cuando Colón pisó por primera vez la muy arbolada isla de La Española, la nación ha ido perdiendo tanto tierra como sangre, primero por los españoles, que plantaron azúcar, y luego por los franceses, quienes talaron los bosques para proporcionarles lugar a los lucrativos plantíos de café, índigo y tabaco. Incluso después de que los esclavos se rebelaron en 1804 para sacudirse el colonialismo, Francia recibió 93 millones de francos de su ex colonia como indemnización, la mayoría en madera. Después de la independencia, especuladores y plantadores de la clase alta expulsaron a las clases campesinas de los pocos valles fértiles hacia las zonas rurales boscosas y escarpadas, cuyas estrechas parcelas cultivadas intensivamente con maíz, frijol y yuca se combinaron con una industria creciente de carbón vegetal y madera para combustible que exacerbó la deforestación y la pérdida de suelo. Hoy queda menos de 4% de los bosques de Haití y en muchos lugares el suelo se ha erosionado hasta la capa rocosa. De 1991 a 2002, la producción alimenticia per cápita ha disminuido 30 por ciento.


O chan de Haití está tan degradado que non pode producir alimentos. A deforestación e os cultivos intensosa esgotaron a terra e favoreceron a erosión. Isto contribúe, ademais, á degración da auga. O peor é que xa non ten solución.


21/02/10

Amelia quere un can

Amelia quere un can de Tim Bowley, ilustrado por André Neves é unha fermosa historia dunha nena espelida que sabe convencer aos maiores dun xeito moi diplomático. Porque non sempre o camiño máis curto é a liña recta. Deses libros tenros e divertidos que che arrincan un sorriso e que desexas que os demais o lean para ver como se lles debuxa tamén a eles ese mesmo sorriso de satisfacción por leren un conto ben feito. Ademais, é un álbum moi propicio para ensinar aos nenos como coidar dos animais, cal é a nosa responsabilidade, o respecto que cara a eles debemos sentir e cales son os que deben vivir en liberdade por seren salvaxes e cales non o son. Novamente, como todo álbum infantil, temos a estrutura acumulativa e repetitiva.
As ilustracións son preciosas, a cariña da nena, os animais que percorren as páxinas, as cores con técnica mixta... todo se confabula para que o libro sexa imprescindible.


Amelia entrou no salón.
O seu pai estaba sentado na súa cadeira favorita lendo o xornal.

-Papá dixo ela-, estaba pensando...

O seu pai suspirou.

'Cando Amelia pensa, seguro que haberá problemas'.


Amelia quere un can atoparalo na exposición que está nestes momentos no centro: "Do galego para o mundo e do mundo para o galego".

Os de arrriba e os de abaixo



Escrito e ilustrado por Paloma Valdivia, Os de arrriba e os de abaixo é un álbum que fala da Igualdade entre os seres humanos desde a máis absoluta sinxeleza plástica e lingüística, de aí a súa efectividade. Vivamos onde vivamos, tod@s somos iguais. Por iso ás veces podemos estar arriba e outras veces podemos estar abaixo.
Un libro fermosísimo para traballar os Dereitos Humanos, xa que se reflicte a diversidade na igualdade: realmente ambas partes son exactas, só existe a simultaneidade.




Podes disfrutalo no vestíbulo do centro estes días en 5 idiomas: galego, castelán, catalán, italiano e portugués.



Nadarín



Nadarín, escrito e ilustrado por Leo Lionni, é un poema visual, unha historia de peixes onde hai un diferente que grazas á súa intelixencia é quen de salvar o resto e de facer da unidade a forza. Un libro que fala, precisamente, do respecto polos diferentes por iguais. O libro presenta outros valores: a superación dos medos, a forza de vontade, a solidariedade...
Moi orixinais as ilustracións, a base de "manchas de cor" para recrear o universo do mar; estas manchas proporcionan movemento e visualidade.



Outro libro para follear na exposición destes días do noso centro.

Aquiles o puntiño

Curioso relato de Guia Risari ilustrado por Marc Taeger, Aquiles o puntiño fala da orixe das cousas, dun "algo" que non acabamos de identificar que vai medrando grazas, precisamente, á súa curiosidade e aos seus anceios de saber e de experimentar máis. O ilustrador traballa co "collage" para a composición: anacos de papel recortados e pintados que reforzan a idea de cambio que o protagonista da historia desexa.


Ao principio,
no medio dunha folla branca
sen debuxos nin marcas,
había un puntiño.

Era claro, case transparente.

O sol atravesábao coma un espello de auga.

Pouco a pouco o puntiño foise coloreando…

Aquiles o puntiño poderalo atopar na exposición que está nestes momentos no centro: "Do galego para o mundo e do mundo para o galego".

Onde perdeu Lúa a risa?


Onde perdeu Lúa a risa? de Miriam Sánchez, ilustrado por Federico Fernández, fala do valor dun sorriso dun neno. Premio Nacional de Ilustración Infantil e Xuvenil no ano 2001, as ilustracións son moi expresivas e secuenciadas, compañía perfecta para a pequena historia que completa o libro. Que sería do ser humano se non pode rir? Pero ao mesmo tempo que o ser humano necesita da ledicia, os animais e outros seres acompañarano, posto que a propia Lúa tamén quere rir.


Onde perdeu Lúa a risa? poderalo atopar na exposición que está nestes días no centro: "Do galego para o mundo e do mundo para o galego".

O coelliño branco

Premio Nacional de Ilustración 1999, O coelliño branco adaptación de Xosé Ballesteros dun conto popular portugués, ilustrado por Óscar Villán, fala de que o tamaño nada ten que ver coa valentía ou a covardía. Xa que será unha formiga e non un boi nin un can nin un galo quen axude ao pobre do coelliño a recuperar a súa casa.


Érase unha vez un coelliño branco.

Un día foi buscar coles á horta para facer un caldiño.

Cando o coelliño volveu á casa,
atopou a porta pechada e petou.




O coelliño branco atoparalo na exposición que está nestes momentos no centro: "Do galego para o mundo e do mundo para o galego".

Non á violencia contra as mulleres (CXXXV)

20/02/10

Vegeterrible

Vegeterrible from Henrik Sønniksen on Vimeo.

Avós

Este é un álbum precioso e sinxelo que nos fala do paso do tempo e o amor. Escrito por Chema Heras e ilustrado por Rosa Osuna, Avós respira tenrura en cada páxina: non importa o vellos que o tempo nos faga, o que importa é o espírito que mantemos e o amor que nos une. Encántame pensando naqueles nenos e nenas que teñen a sorte de disfrutar de cheo dos seus avós e avoas, porque con esta lectura poderán entender que non é a distancia temporal quen marca a afectividade.
O texto constrúese na súa maior parte sobre un recurso típico dos relatos infantís: unha ladaíña acumulativa na que o avó convence á avoa de que bula porque o resto non ten importancia: para el segue a ser a máis fermosa do mundo, ao igual que o será para ela.

...A avoa sorriu e foise mirar no espello

-Eu son fea coma unha galiña sen plumas.

-Non digas iso, muller! Ti es feitiña coma o sol.
E fai o favor de apurar, que temos que ir bailar!



Avós atoparalo na exposición que está nestes momentos no centro: "Do galego para o mundo e do mundo para o galego".

Cuentos cruentos

Cuentos cruentos de Dino Lanti, ilustrado por Pere Ginard e editado por Thule, foi un achádego que Celsiño me procurou. Como ben indica o título, os contos que aquí se contan non teñen nada de máxico, senón que son crus; parten case todos eles dos contos clásicos para reviralos: os ananos están no paro, a cincenta é horrorosa e os tres porquiños non topan casa para vivir, entre moitos outros exemplos. Un libro politicamente incorrecto, divertido, sagaz. As esquemáticas ilustracións, en consonancia co texto.
Un libro que non cansarás de ler.



LIOU-MÍO Y XIOU-LIETA
(LOS AMANTES DE BADALONA)

Esta es la historia agridulce
de Liou-mío y Xiou-lieta,
que huyendo de sus familias
se cortaron la coleta.

Que no os engañen sus nombres
ni tampoco su apariencia,
pues entre los dos había
una enorme diferencia.

Directa desde Sichuán,
huyendo de la miseria,
la familia de Liou-mío
saturó un vuelo de Iberia.

Una vez en Badalona
abrieron un restaurante
con más dragones alados
que en el infierno de Dante.

Cuando vuelve de la escuela
Liou va a La muralla china
a ganarse el pan (de gambas)
trabajando en la cocina.

A Xiou-lieta la adoptó
(ya se intuye la tragedia)
una pareja española,
digamos, de clase media.

Pero la integraron tanto
que acabó desintegrada
y siendo china la niña
se siente desorientada.

Pues Xiou es como un jarrón
de la dinastía Han
con un haikú traducido
al español/catalán.

Por eso cuando Xiou-lieta
conoció un día a Liou-mío
volvió a sentirse completa
y ahí empezó todo el lío.

Porque los chinos desprecian
a los bonsáis trasplantados
y los patricios no aprecian
los chinos traspapelados.

El padre de Liou gritaba:
“quedalás sin postle estrella
y te comelás dos lichis
si te vuelvo a vel con ella”.

(Yo no sé si eran los genes
o los ancestros de oriente,
pero cuando esto gritaba
le rechinaban los dientes).

Liou le propone escapar
a su última emperatriz,
y ser él el cocinero
de su familia feliz.

Y en una ciudad lejana
montaron un almacén
aprovechando que juntos
se les pone todo a cien.

Si os los cruzáis por la calle
no los reconoceréis:
ella y su ropa de marca,
él y su falso Northface.

MORALEJA

Las personas de este mundo
-sean chinos o esquimales-
aunque puedan parecerlo
nunca son del todo iguales.

Contra o cancro de mama



Campaña de prevención de Ausonia e da Asociación Española contra o Cancro nos blogues.



Abrazar a vida

Publicidade en positivo para comunicarnos que o uso do cinto de seguridade salva vidas.



Vía Islas Cíes

La sinapsis del Códice

La sinapsis del Códice é un documental de ficción que conta o posíbel itinerario polo camiño de Santiago da misteriosa Gildeberta de Flandes, única muller peregrina citada no Códice Calixtino do século XII. Dirixida por Pablo Iglesias, conta con Sara Casanovas, Miguel de Lira, Sergio Pazos, Oscar Jaenada, Hugo Silva e Tessa Leoni Bergmeir, ademais das voces de Yolanda Castaño e Luis Tosar. Facendo honor a plurilingüismo, combínase o galego, o castelán, o inglés, o francés e o alemán, e teremos versión en galego!

“Quisimos reivindicar el papel de la mujer en el Camino de Santiago. Hay muchas más mujeres buscando la espiritualidad del Camino que hombres”, asegurou Iglesias.





19/02/10

Advertencia

En 1919 unha campaña a favor da prohibición do alcol en Estados Unidos amosaba a foto que vén a continuación. As indignadas mulleres sosteñen unha pancarta na que se pode ler "Aqueles beizos que proben o alcol no probarán os nosos"



Pregúntome se funcionou...

Discurso do oso



Fermoso libro de Kalandraka cun texto do noso amado e admirado Julio Cortázar. Un texto único ilustrado deliciosamente por Emilio Urberuaga. A historia encantadora conta como un oso trepa polas tuberías para descubrir a soidade do ser humano, polo que pretenderá facer o mellor para el: acompañalo sen ser visto; é dicir, dotar de "humanidade" ao ser humano.


Unha delicia de libro, extraído de Historia de Cronopios y de Famas, aínda que nun primeiro momento o relato foi composto para uns nenos en 1952. As ilustracións (e cito) seguen o canon cortaziano, un oso vermello para recalcar o carácter onírico da narración.





Discurso do oso atoparalo na exposición que está nestes momentos no centro: "Do galego para o mundo e do mundo para o galego".

Atoparse co outro

Guía de lectura sobre a convivencia do clube de lectura As Campaíñas do CPI de Cuntis.

A Igrexa e o Holocausto

Recoméndovos encarecidamente este artigo de Jorge M. Reverte sobre como a Igrexa mirou para outro lado no Holocausto nazi (ningunha novidade esa de mirar para outro lado).

De Adolf Hitler dicía o escritor austríaco Karl Kraus que nada podía dicir, precisamente porque era incapaz de comprendelo. Hitler pensaba que a relixión católica era negativa porque a montaran os xudeus; pero era unha relixión -desmontable- non unha raza como a dos xudeus, raza que debía exterminar.
En España, a Igrexa dos anos da posguerra non rexeitou o exterminio, seguramente pola tradición antixudía española, unha tradición relixiosa sobre todo. Claro que non houbo colaboración directa da Igrexa española: houbo indeferencia.


18/02/10

Acusarannos os fillos

Traio desde un dos meus blogues indispensables que me alimentan cada día, este documental onde o doutor John Peterson Myers -investigador estadounidense de Ciencias da Saúde Medioambiental- afirma que por primeira vez na historia as novas xeracións terán peor saúde que os seus pais. As causas, no documental de Jean-Paul Jaud, Acusarannos os fillos.

El Huracán

Impresionante. Case me quedo sen palabras ao rematar este libro, que xa non sei se é unha novela negra, se negra é a nosa sociedade, se negro é o espello no que nos debemos mirar, se negra é a vida en xeral. Ler El Huracán de James Lee Burke é sentir ese furacán atravesando as vísceras do lector, mentres séntese testemuña do Katrina e de tantos outros desastres naturais que arrasan non só as cidades senón tamén aquilo que de social ten o home, tirando a maldade que ocultamos baixo unha aparente educación e normalidade por unha soa palabra: supervivencia. Será que iso somos? Depredadores naturais?
Todos os personaxes que pululan pola novela teñen vida propia, non están postos ao servizo do protagonista nin da acción. Neles hai crueldade, culpa, remordemento, pobreza, riqueza, medo... e hai vulnerabilidade, sobre todo no propio protagonista, un policía que é quen de autocriticarse. Xogando co feito histórico do Katrina, como algo que dá protagonismo pero non escusa, os personaxes terán a posibilidade de cambiar ou seguir, e sobre todo de seguir adiante. Como fariamos nós, fieis ante aquilo que consideramos de noso.
A mestría narrativa de James Lee Burke é tal que podemos sentir a humidade, a calor, a catátrofe, a psicoloxía dos personaxes. A sociedade americana, o racismo como telón de fondo, converten esta novela nunha crítica despiadada ao ser humano.
Unha novela para perderse, para non parar e para anceiar que fose moito máis grosa. Todo un achádego que debo, novamente, a meu irmán.

Lectura de moda


A revista Marie Claire, en Australia, uniuse á campaña de promoción da lectura involucrando a artistas e modelos, fotografándoos en escenarios que recreasen algúns dos principais clásicos da literatura. A campaña titúlase "The Wonder of Words" en apoio de Australian Literacy and Numeracy Foundation. Unha iniciativa que ogallá no noso país tivese eco.



A que as fotos son preciosas?


Obras para todos os gustos: Cumbres borrascosas, Alicia no país das marabillas, El Gran Gatsby, Desayuno en Tyffany, El Valle de las muñecas, Comer, rezar, amar...

Vía Papel en Blanco

Morte digna

No cabodano de Ramón Sampedro, seguida con gran interese pola prensa, a única asociación sobre Morte Digna existente en Galicia tratou de publicar o texto que achegamos na prensa galega. Foi vetado. Aí van as ideas, rigorosas e necesarias. Para a súa difusión. Vía Biblioafonso




E Vía Mesturas achegamos este documento de Ramón Bayés con precisións legais sobre este delicado e permanentemente relegado tema da eutanasia.



17/02/10

Logorama

Curta de François Alaux e Hervé de Crécy nominada aos Oscar 2010. Unha vila formada por máis de 2500 logos corporativos que ven alterada a súa tranquilidade cando a policia descobre un asasino.





Vía Islas Cíes

La Gran Orquesta de los Animales


Fermoso álbum, fermosa historia, fermosas ilustracións. La Gran Orquesta de los Animales escrito por Daniel Monedero e ilustrado por Óscar T. Pérez é todo un achádego, cun vídeo fantástico acompañado dun blogue que paga a pena visitar.
A historia fala dun director de orquestra que alcanza un éxito impredecible grazas a unha marabillosa orquestra formada por animais e as súas voces. Pero estes tamén teñen os seus dereitos e volven, morriñentos, ao seu fogar. Un canto á natureza e ao respecto por ela que todo ser humano debe comprender.
As ilustracións son verdadeiros cadros paxinados, cheos de cor, proporción e efectividade. Correspóndese maxistralmente co texto, con ese equilibrio entre texto e imaxe tan difícil de conseguir na súa complementariedade.
A editorial, Thule.




E como ilustración e animación están próximas, sobre todo en formato de stop-motion, os autores promocionaron o álbum con este vídeo que é en si unha curta animada, desas que tanto nos gustan (xa sabedes que tentamos traervos case todos os días unha):




Eu vivía na fin do mundo

Eu vivía na fin do mundo levou o Premio do II Concurso Internacional de Álbum Infantil Ilustrado "Biblioteca Insular. Cabildo de Gran Canaria". Escrito e ilustrado por Ramón Trigo, unha historia sinxela e evocadora cunhas ilustracións despampanantes, chamativas, a dobre páxina. Dous únicos personaxes identificados, o protagonista e o home do faro, debúxanse con liñas máis modernas que xogan con fortes contrastes de cor e co collage de imaxes antigas, resultando unha proposta novidosa. O texto é mínimo, suxestivo, prometedor, deixando á ilustración que fale por si soa.








A Matilde Urrutia

Grazas a María, da Biblioteca de Ollos Grandes, chegamos a estas cartas de amor escritas por Pablo Neruda ao seu gran amor, Matilde Urrutia.



E esta presentación tan amorosa que nos mandan ao PLAMBE. Novamente, grazas

16/02/10

On the Level

Simpática animación de Michael Rutter: todo sexa pola simetría.



Vía Recogedor

Actualidade en hip-hop

'El Chojin' chega a RTVE. Novo colaborador de La 2 Noticias, onde se encargará de rapear a actualidade un día á semana ás 8 da tarde.



Que vos parece?

Dos. Primeros síntomas

Curiosísimo este cómic Dos. Primeros síntomas de David Braña que ten como peculiaridade que os debuxos baséanse en fotografías de localización reais: Tossa de Mar. O debuxo é obra de Hernan Fino. O prólogo, de Raule, guionista do cómic Jazz Maynard.
O cómic conta o feito de vivir dúas realidades diferentes, a anguria que percorre a quen é quen de sentir isto, de saberse diferente aos demais e procurar ocultalo. Ingredientes paranormais e tintes de xénero negro adornan esta novela gráfica que resulta unha proposta interesante e orixinal.
Está publicado pola editorial Drakul.




Invictus: son o capitán da miña alma

Gustoume moito máis do que esperaba esta película. A interpretación, a dirección, a historia (baseada nun momento do goberno de Nelson Mandela)... unha obra mestra baseada nun poema. Tan pronto como cheguei á casa busqueino. É de William Ernest Henley. E aquí volo deixo:

Out of the night that covers me,
Black as the pit from pole to pole,
I thank whatever gods may be
For my unconquerable soul.

In the fell clutch of circumstance
I have not winced nor cried aloud.

Under the bludgeonings of chance
My head is bloody, but unbowed.

Beyond this place of wrath and tears
Looms but the Horror of the shade,
And yet the menace of the years
Finds and shall find me unafraid.

It matters not how strait the gate,
How charged with punishments the scroll,
I am the master of my fate:
I am the captain of my soul.

Más allá de la noche que me cubre
negra como el abismo insondable,
doy gracias a los dioses que pudieran existir
por mi alma inquebrantable (invencible)

En las azarosas garras de las circunstancias
nunca me he lamentado ni he pestañeado.
Sometido a los golpes del destino

Mi cabeza está ensangrentada, pero erguida.
Más allá de este lugar de cólera y lágrimas
donde yace el Horror de la Sombra,
la amenaza de los años me encuentra,
y me encontrará, sin miedo.
No importa cuán estrecho sea el portal,
cuán cargada de castigos la sentencia,

Soy el amo de mi destino
Soy el capitán de mi alma.


Recoméndovos que vaiades ver a película, paga a pena. Dirixindo Clint Eastwood non podía ser doutro xeito.

15/02/10

Margarita

Das catro curtas animadas nominadas aos Goya (gañou La dama y la muerte) faltábanos esta por vos ensinar:

MARGARITA from Pedro Segura on Vimeo.

Problemas coa neve

Un pequeno sorriso para estes días de frío (e para que non vos pase o mesmo que ao home do anuncio, claro!)


video

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.