Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/04/10

Paula Carballeira no centro

Antonte veu Paula Carballeira, única, polifacética, real, simpática, actriz, contadora, escritora, cercana... fixo as delicias dos oíntes, tanto grandes coma pequenos, deixando un sabor de boca amargo porque o tempo non chegou a nada. Contou historias de medo, de lobos, de pantasmas... fixo rir e asustou, pero sobre todo referiuse ao seu último libro O Lobishome de Candeán.



Abusando da súa xenerosidade, veu logo a contar un contiño ao alumnado de 1º de ESO onde eu tiña clases... e deixounos engaiolados. Berraron cos sustos e sobre todo namoráronse desa persoa que coñecían da tele. A algún case lle dá un desmaio!




Grazas, Paula, por todo, unha vez máis.

Capicúa

Curta de Roger Villarroya gañadora do Gran Premio do Xurado este ano no Festival online Notadofilmfest.
Vía Lápices para la Paz



29/04/10

Coche transparente

Para demostrarlle ao consumidor o uso efectivo de seu produto, Shell emprega un vehículo transparente que permite ao espectador ver todo o percorrido que fai o aceite dentro del.


Vía

Bilbao-New York-Bilbao

Gustoume esta intención de novela de Kirmen Uribe (Premio Nacional de Narrativa) traducida ao galego por Isaac Xubín e publicada pola editorial Xerais. Un xeito de contar innovador coma se fose autobiográfico -autoficción- pero percorrendo o camiño porque o escritor quere escribir unha novela (a que nós lemos) sobre as dúas últimas xeracións da súa familia e quere documentarse sobre a arte da pesca, a guerra civil, a historia mentres a viaxe a New York marca ritmos e tempos, onde non faltan sequera a situación actual do País Vasco, ETA, a súa lingua, a súa literatura... ensinándonos notas, cartas, entrevistas que se mesturan co texto para falarnos dunha novela futura que sabemos que non existirá porque xa temos esta nas nosas mans. Datos familiares e datos históricos: a amizade entre o pintor Aurelio Arteta e o arquitecto Ricardo Bastida é un dos eixos da novela, para afirmar que é posible a amizade a pesar das ideas diferentes, que quen manda é o corazón.
O que máis me chama a atención é como consegue o autor que nesta non-novela todas as anécdotas -sexan ou non desfiañadas- teñan interese: as personalidades dos homes e mulleres dos que fala, a ambientación social, a vida pesqueira, a literatura, o amor... Melancolía, Solidariedade, Amor, Alma, son e serán palabras que o autor consegue que se escriban con maiúscula.





Malaria vs. Gripe A


Cada morto por malaria provoca un gasto de 1700€. Cada morto por gripe A, 412500€. É dicir, unhas 250 veces máis.
A cada 200 mortos por malaria correspondenlle unha
noticia, a cada morto por gripe A, catro. 800 veces máis.

Parafraseando a Orwell: Todos os mortos son iguais, pero uns son máis iguais que outros.

A figura forma parte da campaña "Stop Malaria Now" para concienciar sobre unha das enfermidades máis relacionadas coa pobreza e unha importante causa de morte en África, sobre todo subsahariana. A comparación coa gripe débese a que o interese que esperta unha enfermidades está directamente relacionada coa posibilidade de ser afectado e non coa relevancia mundial que teña.


Máis información en MedicusMundi.


Vía


28/04/10

Desemprego

Dúas versións diferentes para o mesmo resultado: tomar con humor a tremenda situación actual.



Mundo

Desas presentacións que temos que traer ata aquí porque teñen algo que dicir:

27/04/10

Feira do álbum ilustrado


Durante estas dúas semanas, co gallo do Día do Libro, temos no centro, grazas á xenerosidade das editoriais, unha mostra de álbums ilustrados. Toda unha delicia para os sentidos: verdadeiras obras de arte plásticas, estéticas e literarias nos rodean no vestíbulo. Lembrade que fixemos o tríptico coas recomendacións e que podedes collelos alí.
Acompañando a esta mostra, unha selección de marcapáxinas. Esgotáronse deseguida!


Lembremos

Lembremos que a traxedia de Haití segue viva: que non morra na nosa memoria nin no noso corazón:


Tras la mirada del dragón

O máis fermoso deste libro son, sen dúbida ningunha, as ilustracións. Son tan importantes que, mesmo, se complementan con pequenas obras de arte que se conservan no Museo Guimet de Artes Asiáticas de París.
Baixo o recurso dun papaventos, a historia fálanos da importancia dos dragóns, da sorte que dá aos nenos e da súa misión: protexelos.
A beleza do libro reside tanto na historia como nas ilustracións, como adoita acontecer nos álbums ilustrados. Pero desta volta creo que priman as segundas: ese sabor oriental deixa unha pegada perdurable logo de ter o libro entre as mans.
Unha obra escrita por Alexia Sabatier e ilustrada por Xavier Besse. Publicada por Edelvives.



A augha ferve a 100 ghraos!

Unha desas frases-broma da adolescencia que me veu á cabeza cando me enviaron esta publicidade francesa por correo. Boísima:


video

26/04/10

Paxaros de papel

Terceiro e último libro da editorial Xerais que comentaremos hoxe. Paxaros de papel de Marilar Aleixandre con ilustracións de Lázaro Enríquez é un libro do ano 2001 que segue chamando a atención. As ilustracións son moi diferentes ao que normalmente estamos acostumados a ver neste tipo de álbums: abarrotadas, barrocas, escuras, cheas. Devoran o texto por si soas, planean por riba del, e aínda así este é importante, polo seu ritmo, a súa poesía, a súa historia. Unha historia que fai fincapé na imaxinación do neno e da nena lectores como recurso máis importante para a vida, para os soños, para a lectura e para os libros.

Que medo, mamá Raquel!

Da mesma editorial, Xerais, chéganos este fermosísimo libro de Agustín Fernández Paz ilustrado por Fran Jaraba. Unha ilustración moi especial que case nos fai pensar nun principio que estamos ante unha obra de banda deseñada. Non é así: un álbum ilustrado especial onde a compenetración de texto e imaxes é total, un paseo polo mundo dos soños, dos pesadelos, dos medos, e da tranquilidade do amor e a compañía. Non hai nada como a forza do ser querido para disipar todas as intranquilidades que a soidade poida aportar.
Fermoso.

A casa da duna

O bo de ter estes días no centro a Feira do Álbum ilustrado é que atopo libros fermosos que se me pasaran no momento da súa publicación. Este que vos traio agora aquí é de Fran Alonso con fotografías de Manuel G. Vicente, e é do ano 2002. Chama a atención, verdade? Chama a atención porque non é un o típico álbum ilustrado, senón que aquí o xogo co texto faise coa fotografía: unha nena e elementos mariños son os protagonistas das páxinas. Dunha creatividade impresionante. Din que o libro nace "dunha intensa comuñón entre texto e fotografía ao longo dun proceso de elaboración en común entre o escritor e o fotógrafo. A casa da duna, desde a forza da imaxe e desde a intensidade da palabra e da historia que se narra, pretende reforzar o álbum ilustrado nese papel de pequena obra de arte que lle é outorgado no ámbito cultural europeo".
O que si podo asegurar é que trata unha historia fermosa, cun texto cargado de simbolismo e amor que paga a pena ler.

Desfigurar os dereitos de autor

Di Fred Von Lohmann que nos Dereitos de Autor subxace un propósito público: crear obras ás que o público poida ter acceso. O obxectivo dos Dereitos de autor non é maximizar cada céntimo que un estudo de cine ou un selo discográfico poida espremer ao consumidor. O obxectivo é garantir uns beneficios axeitados para que os creadores poidan facer o traballo que disfrutamos á vez que tamén se fomenta o acceso. Este equilibrio é a chave para o bo funcionamento da lexislación sobre os Dereitos de Autor. E isto estase perdendo...



Vía Microsiervos

25/04/10

Thriller bibliotecario


Unha actividade que suscitou moita expectación pero que non saiu tan satisfactoriamente como pensabamos por un problema técnico foi a nosa particular recreación de "Thriller": uns zombis atacando a unha bibliotecaria á que volverán tola e rematará agasallando libros a todo aquel que o desexe. Por eses problemas técnicos dos que falamos non hai o vídeo previsto.







Contando contos aos máis peques


Unha das actividades máis fermosas que realizamos Día do Libro foi a de contar contos ao alumnado de 6 anos que desde os colexios públicos do Carballiño veu ao noso centro, á nosa biblioteca. Cando lembro a todos eses nenos e nenas subindo as escaleiras dos maiores, en ringleiras perfectas de dous, da manciña, caladiños e abraiados... logo, sentados no chan, nas cadeiras, contestando ás nosas preguntas e moi, moi atent@s a todos cantos contos lles contabamos... aínda me emociono. Os maiores non se querían perder este acontecemento e tod@s querían ser contacontos por un día. Houbo que restrinxir a sesión, porque non daba tempo para tanta intervención. E ao final, caramelos e bicos, moitos aplausos e moita ledicia.
Sinto non ter gravación: teredes que conformarvos con algunhas fotos (e faltan as do Kamishibai, que non se puideron facer!)
Grazas a tod@s, grandes e pequenos, por axudar e participar en tan fantástica actividade.
E grazas, coma sempre, á admirada Paramio, facho sempre alumeando.

Para que les?

Tal como comentamos o propido Día do Libro, unha das actividades que grazas ás compañeiras do PLAMBE se realizaron no centro foi a de contestar á pregunta "Para que les?". Algúns d@s nos@s compañeir@s, do noso alumnado, persoal do concello, o persoal non docente, e os escritores que pasaron polo noso centro reflexionaron sobre esta cuestión e nos agasallaron a súa aportación particular.
E este é, en parte, o resultado:


.- Visitas:



.- Profes:


.- Alumnado:



.- Desde o Segrel esta presentación para o mundo:



Para que les? noutras bibliotecas:

O Segrel


Mesturas

Malpica

Castro de Baronceli

Arzúa e aquí.

Vilán

Fiz Vergara Vilariño

Fernando Blanco

Bilioafonso
e aquí.

Ollos Grandes

CEIP Rosalía de Castro

Libroucho

CEIP de Aguuiño

Escola Sant Jordi Lleida

Raioteca e aquí.

Ponte Vella

CMUS de Lugo


IES Alexandre Bóveda

Brea Segade

Non á violencia contra as mulleres (CXLIII)

video

24/04/10

Pink Glove Dance

O persoal enteiro deste hospital está a bailar para aumentar a prevención do cancro de mama. Se conseguen un millón de "clicks" na ligazón de youtube, recibirán unha gran donación padra o tratamento do cancro de mama da compañía que fabrica as luvas rosas.
A canción é
Down - Jay Sean Feat. Lil Wayne



Linda á espreita

Fermosísimo álbum ilustrado este editado por Xerais cuxo autor é Alexander Steffensmeier.
Escrito en 2006, foi un éxito de vendas en Alemaña. E non é de estrañar: ogallá ocorra o mesmo no noso país. Desde logo, agardamos que Xerais publique as dúas próximas entregas. Unha vaca entrañable, divertida, xoguetona...; un álbum de gran tamaño con debuxos doces e amables, con cores vivas. Unha mirada amable a un dos animais máis importantes do noso país que tantas veces permanece no esquenzo.
Delicioso.

Foi un dos contos elixidos para a contada do Día do Libro para a rapazallada de 6 anos que veu ao IES e creo que foi un do que máis lles gustou.

Día do Libro III

Unha das actividades ralizadas esta semana co gallo do Día do Libro foi a exposición da Historia da escritura, con documentación e exemplificación con imaxes, libros antigos, calamus, tablilla, máquinas de escribir, ordenadores... e un facsímil de gran valor. Esta exposición completábase cun documental sobre este tema.

Guía de lectura do Álbum ilustrado

Con motivo do Día do Libro, estas dúas semanas temos, entre outras actividades, unha Feira do Álbum Ilustrado (xa traeremos fotos). Para guiarvos, elaboramos a seguinte Guía de Lectura:




Disfrutade da súa beleza literaria e pictórica! Son auténticas obras de arte en papel.

Día do Libro II

23/04/10

Biblioteca interactiva

Chegou ao noso correo hai tempo, e agora topámola aquí:

Abril mes dos libros, Maio mes das letras

Moitas e variadas son as actividades que estamos a organizar estes días, e das que vos iremos informando pouco a pouco, a medida que o tempo nos vaia ofrecendo respiros. Comezamos a Olimpíada do Saber para o alumnado da ESO, unha actividade que se prolongará ata ben entrado xuño, e estes dous meses tamén propuxemos o concurso "Fotografar a lectura" do que vos deixamos o cartaz:



Xa sabedes que se queredes participar tedes que mandar as vosas fotos a este enderezo:

carballopequeno@hotmail.es

O prazo remata o 11 de maio.

Día do Libro


No Portal da Unesco atoparedes información sobre este Día.

Desde o Ceip de Cespón esta webquest sobre o Día do Libro.

Julia, de O recanto de Mik, fai esta selección de recursos para este Día.

Desde a Asesoría das Bibliotecas Escolares vén este cartel:



con esta información:

Co gallo da celebración do Día Mundial do Libro 2010, Ano do Libro e da Lectura de Galicia, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria difunde o texto que Juan Mata escribiu como agasallo para a Rede de bibliotecas escolares de Galicia e para conmemorar este día.
O autor repara na función dos lectores como axentes que poden contaxiar as ganas de ler, pero aposta por unha actitude honesta e humilde: "Sempre preferirei a discreción do exemplo á barafunda dos discursos. Se me presento ante un grupo de nenos limítome a abrir un álbum ilustrado e lelo con delicadeza e fervor, se estou en fronte de adolescentes non lles falo nin como un colega nin como un académico senón como alguén que coa súa idade descubriu nos libros o que a vida lle ocultaba..."
Texto completo aquí.


Esta semana, a próxima, o Día de hoxe, vai ser un día que una a todas as Bibliotecas Escolares Galegas.

Unha iniciativa que partiu do Club de Lectura Virtual de Implicadas e que chegou a través da Asesoría de Bibliotecas Escolares, deu pé para que as compañeiras Loly e Olga elaborasen un fermoso traballo:

A proposta consistía en respostar á pregunta PARA QUE LES? en non máis de 140 caracteres. Ao blog de Implicadas comezaron a chegar respostas que se foron recollendo e enmaquetando cos carteis de de Jaime Eizaguirre Santillán, quen agasallou os seus deseños.

Logo cada centro traballa sobre o tema para encherse de comentarios que responden a esta sinxela e complicada pregunta.

Esta é a selección que nos chega desde Malpica:







22/04/10

Matar o libro

Desde Librosfera chego a este texto que vos reproduzo sen traducir:

Con el libro está pasando como con los padres, o como con la autoridad en general: a veces hay que matarlos simbólicamente (o en forma real) porque es la única manera de avanzar.

Si queremos hacer de nuestros países, sociedades más lectoras, ya va siendo hora que reconozcamos que en un mundo que avanza hacia la hiperconexión, la lectura está ocurriendo en múltiples soportes y formatos. Sin embargo, cuando se miden los índices de lectura, las preguntas siguen siendo -en casi todos los estudios- las mismas: ¿cuántos libros ha leído usted en el último tiempo? A veces, se incorpora la pregunta por la lectura de periódicos y revistas, pero no faltan los puristas que fruncen el ceño porque esa es una "lectura de segundo nivel".

Seguimos pensando en nuestras sociedades como sí en el último medio siglo no hubiera ocurrido nada. Gutenberg nos gobierna, o mejor dicho, gobierna a algunos y algunas, que en muchas ocasiones están en ámbitos que deciden. Mientras, los escurridizos lectores de los tiempos que corren, esos mutantes que describió Baricco, ya están migrando a las nuevos territorios de la lectura, territorios por cierto que a una manera de entender el "negocio de la lectura" (así, en singular, porque el negocio es un monopolio del soporte) le son extraños y los combate desde el temor de la ignorancia.

Yo, por mi parte, apuesto a un ecosistema de las lecturas, uno que ya existe -quizá siempre existió, pero la hegemonía del libro lo escondió por demasiado tiempo. Donde lo importante sea leer, sobre todo desarrollar el gusto por la lectura, más que el hábito (palabreja que suena a rutina y aburrimiento). Que lean. En libros, celulares, computadores, paredes, revistas, en botellas, papeles sueltos, en todos los elementos de la vida cotidiana, porque leer no es el acto mecánico de leer un libro, es aprender a leer el mundo. El mundo no se imprime, el mundo nos rodea y lo habitamos.

Gutenberg mató a los monjes escribas medievales y cambió el curso de la historia para siempre. Las democracias modernas (no la ateniense) no se entienden sin el libro o la prensa. En realidad, sin un sistema de difusión masiva y de bajo costo para hacer circular la información -pilar del poder- que permitiera a muchos pensar y tomar las decisiones que impactan en su vida. Todos tienen derecho a leer, todos tienen derecho a pensar. Y quien tenga alguna barrera, que la lectura se adapte a él o ella, y no que él o ella deba adaptarse a la lectura.

Liberemos la lectura del libro, entendamos que no hay lecturas de primer o segundo nivel, que -parafraseando a Ranganathan- toda lectura tiene su lector y cada lector su lectura.

Estoy seguro que cuando la lectura pueble esos nuevos territorios que ya habitan los lectores, o cuando reconozcamos que eso ya está ocurriendo, una nueva revolución se desatará (quizá ya se desató y estas líneas son una crónica necrológica). Cuando eso pase, yo no espero estar del lado de los nuevos monjes medievales.

Como una dama

Se queredes sorrir permanentemente coa lectura dun libro este é o que buscabades: Ingrid Noll en Como una dama consegue iso e moito máis. Seica é unha novela negra. Negra? Ben, hai un par de mortes que pululan por alí, pero non son esenciais, desde logo. Porque, ao fin e ao cabo, o que importa é lembrar como as mulleres nos volvemos invisibles coa idade; esa invisibilidade permite, ao mesmo tempo, voar sen que ninguén se dea conta.
O sentido do humor, a fina ironía, a tenrura e a simpatía que envolven o libro é marabilloso. Non chega ás 300 páxinas, algo que botamos de menos: é imposible non devoralo dunha sentada. Sempre me recriminan que só recomendo libros tristes, pois ben, este resulta ser todo o contrario. Iso si, abstéñanse adolescentes: non entenderían o decorrer dos anos. Hoxe vou ir en contra dos meus propios principios e alabar este libro para recomendar a súa lectura para mulleres de máis de corenta anos: éxito indiscutible. E se erro, por favor, indicádemo. Porque eu paseino estupendamente!
E dar as grazas a quen mo recomedou.

A maxia dos libros

Non lembro onde os topei, pido desculpas de antemán, pero proveñen, seguro, das Bibliotecas Escolares Galegas; tíñaos gardados para o día de mañá:

video


video

21/04/10

Unha árbore sen follas que dá sombra

Onte asistín á entrega do galardón "Escritor Galego Universal" a Juan Gelman en Santiago. Conmovedor na palabra e na apariencia, Gelman falounos de emigración, daqueles emigrantes galegos a Arxentina que brillaron con luz propia e de tod@s aqueles que axudaron ao desenvolvemento daquel país, cunha fermosa reflexión sobre a soidade deses homes e mulleres que marcharon tan lonxe e que agora, con esta mención, forman parte da súa familia, da familia galega do mundo.
E falou, como non, de poesía. Imposible definir a poesía: podemos dar voltas e voltas arredor pero non conseguiremos dicir que é: a sensación física de que me arrincan a tapa dos sesos.
Falou da inutilidade da poesía. Para que poetas en tempos miserables? Non ten valor a poesía no mercado. Pero, claro, Saturno tampouco o ten. E hai no mundo miles de persoas que morren por unha soa causa: a pobreza.
A poesía é fráxil, como os poetas, que non teñen outros sostén que o acto de escribir. Para que existen os poetas, a poesía? Non, preguntémonos por que a poesía atravesa todos os tempos. A poesía acaba abandoando ao poeta, é aí cando o poema remata. A poesía é palabra calcinada onde aínda crepitan cinzas das palabras que non puideron pronunciarse. O poeta é un mendigo da maxia, a poesía é a memoria do non sucedido.
Non hai palabras gastadas.
E unha frase: "Canto máis te afastas da noite que pasou, máis te acercas á noite que virá".

Déixovos un poema:

Allí

Nadie te enseña nada.

Nadie te enseña a ser vaca.

Nadie te enseña a volar en el espanto.

Mataron a miles de compañeros y nadie te enseña

a hacerlos de nuevo.

¿Cómo hago,

cómo hago yo?

¿hay que romper la memoria para que se vacíe

/como un vaso roto?

Me consuelo estúpidamente.

Miro navegar rostros en mi sangre y me digo

que no murieron aún.

Pero mueren aún

Y yo mismo, ¿qué hago mirando cada rostro?

¿Me muero en ellos cada vez?

En alguna telita del futuro habrán escrito /sus nombres.

Pero la verdad es que están muertos,

amortajados por la incomprensión.

Alzan sueños sin método

contra la vida chiquita.



Só é un robot

Traio esta publicidade porque realmente pareceume moi boa:



Vía La Huella Digital

A Inquisición foi un progreso

"A Inquisición foi un progreso porque dende entón ninguén podía ser condenado sen unha investigación". Este argumento incrible é o empregado polo Papa na súa época de cardenal para xustificar a institución, dirixida nos anos 80 por el.



Vía

20/04/10

El ojo del leopardo

Falar de Mankell é falar de seguridade e garantía á hora de escoller un libro seu. Dá igual que sexa en novela negra coma non, sempre nos vai enganchar.
Volve agora con El ojo del leopardo, unha novela desasosegante e realista que nos fala de racismo e odio, dese continente castigado unha e outra vez polo home branco, dese imperialismo que o castigou para roubarlle toda riqueza e todo sinal de identidade.
Cruel. Sen piedade. Incomprensión. Distancia. Abatemento. Asasinatos. Rancor. Feitizo. Morte. Misterio. Solidariedade.
O propio Mankell asegura que África fixo del unha mellor persoa. Con esta novela, pretende achegar dous mundos diferentes, o frío e o calor, o presente e o pasado, o desapego e o propio. Poden entenderse Europa e África?
A crítica social presente en todo momento, lembra o autor que os europeos non son salvadores, e menos os nórdicos. Así fala da corrupción moral e económica dos seus compatriotas disfrazada de axuda ao desenvolvemento africano.
Unha frase destacable: Cal é o país de África que máis axudas recibe de Europa? Suíza. Por que? Porque “hay números de cuentas anónimas que se llenan con dinero de las ayudas que sólo hacen un viaje rápido a África y vuelven”…


Homes versus Mulleres

Falando de estereotipos. Do Fondo Social Europeo:

19/04/10

Gústame Ler

Achegándonos ao Día do Libro, este vídeo tan apropiado que vimos en O Recanto de Mik:

Me gusta leer from Andres Ubierna on Vimeo.

La voz

Moitas ganas tiña de retomar a Arnaldur Indridason desde que lin La mujer de verde. Agora volvín con La voz, a que penso que é a súa última novela publicada en España.
Gustoume, e moito, e non me defraudou. Aínda que sigo a pensar que a anterior obra citada é superior, unha obra mestra da novela negra. Pero teño que asegurar que este é un dos mellores nórdicos en canto a este xénero se refire. Cunha escritura case triste, case anónima, entramos de cheo nas profundidades desta nosa sociedade chea de actos violentos e deprimentes. Non falta a crítica social, algo que debe ser inherente á súa obra, para denunciar a pederastia e a pornografía infantil, así como un segundo caso da policía: o maltrato infantil. Arredor, droga e soidade para seguir andando entre a neve. Coma sempre, non hai un único argumento, posto que a vida agochada do inspector Erlendur é unha parte importante na obra. Hai que investigar, si, pero tamén cómpre vivir, enfrontarse aos pantasmas que nos habitan e facerlles fronte para poder mirar o futuro.
Hai que seguir vivindo.
Buscade este autor e seguídeo. É dos que paga a pena. E esquecede dunha vez a Larsson!

Mojado

Empacó un par de camisas, un sombrero,
su vocación de aventurero, seis consejos,
7 fotos, mil recuerdos,
empacó sus ganas de quedarse,
su condición de trasformarse
en el hombre que soñó y no ha logrado,
dijo adiós con una mueca disfrazada
de sonrisa y le suplicó a su Dios crucificado
en la repisa el resguardo de los suyos,
y perforó la frontera como pudo.

Si la luna suave se desliza
or cualquier cornisa sin permiso alguno,
por qué el mojado precisa
comprobar con visas que no es de Neptuno.
El mojado tiene ganas de secarse,
el mojado está mojado
por las lágrimas que bota la nostalgia; el mojado,
el indocumentado, carga el bulto
que legal no cargaría
ni obligado el suplicio de un papel
lo ha convertido en fugitivo,
y no es de aquí, porque su nombre
no aparece en los archivos,
ni es de allá porque se fue.
Si la luna suave se desliza por cualquier cornisa
sin permiso alguno, por qué el mojado
precisa comprobar con visas
que no es de Neptuno.
Mojado sabe a mentira,
tu verdad sabe a tristeza,
la ansiedad de ver un primo
y soñar con la vereda
que conduce hasta tu casa.
Mojado,mojado de tanto llorar, sabiendo
que en algún lugar te espera un beso, haciendo
pausa desde el dia que te marchaste.
Si la luna suave se desliza por cualquier cornisa
sin permiso alguno, por qué el mojado precisa comprobar
con visas que no es de Neptuno.
Si la visa universal se extiende el dia que nacemos
y caduca en la muerte, por qué te persiguen, mojado,
si el cónsul de los cielos ya te dio permiso.

Ricardo Arjona

video

18/04/10

Through My Thick Glasses

Un relato sobre a Segunda Guerra Mundial, cheo de personaxes estraños e xiros sorprendentes.

En 3D

Leonardo da Vinci e outros magníficos en 3D, un luxazo:



Vía Capítulo 0

Non á violencia contra as mulleres (CXLII)

17/04/10

Ward 13

Dirixe esta curta Peter Cornwell:


Videos tu.tv


Lembrade estoutra curta que colgamos hai tempo e que tamén forma parte da nosa semana da animación: O home sen sombra.

Nós tamén afogamos

Non literalmente, claro está.

Este mércores 14 fixemos co alumnado de 1º de Bacharelato o Roteiro de "A praia dos afogados". En Nigrán descubrimos en primeira persoa os lugares que anteriormente maxinaramos coa lectura deste libro. As opinións que a lectura provocou tédelas, naturalmente, nas Estelas dos Ronseis.
Unha actividade programada pola editorial Galaxia que resultou magnífica: a organización perfecta, o ambiente agradable, o autor encantador, os guías magníficos, o tempo impresionante (estaría encargado?)... non podemos poñerlle un só defecto, polo que lles damos as grazas por agasallarnos cunha xornada literaria diferente.
Así, logo de coñecer o autor -Domingo Villar-, quen nos contou a historia de como chegou a ser escritor, paseamos pola praia da Madorra, o Templo Votivo do Mar (tan semellante ao noso templo da Vera Cruz por ser do mesmo autor), Monteferro... da man de dous guías de excepción: Ana Carreira, deliciosa sempre, amiga xa dende que o outro día nos meteu medo no instituto, e un home cheo de enerxía e sabedoría mariñeira, o historiador Xosé Lois Vilar, presidente do Instituto de Estudos Miñoranos, que nos descubriu algúns dos segredos do mar (ese elemento tan afastado para nós, de terra adentro, e tan admirado e respectado) e gozamos coas vistas da nosa costa. E así como nunha boa comida non pode faltar o bo viño, por se fose pouco, todo o tempo nos levaron da man os inesgotables Fernando e Noelia, pendentes en todo momento de calquera detalle. Ernesto: botámoste de menos!.
Pola tarde, e aproveitando o día, visitamos o Museo do Mar.



Deixámosvos asemade esta recomendación:



Diferentes

16/04/10

Hungu

O hungu é un instrumento musical africano, antepasado do brasileiro berimbau. As súas orixes son moi antigas. Inspirado pola graza e beleza crúa de pinturas de rock africano, Nicolas Brault aplica os seus agasallos narrativos a un mundo onde os humanos e a natureza son sutilmente enlazados.


Nontodovanserlibros (XXXIX)

Hoxe 16 de abril hai 37 anos que un fatídico accidente se levou por diante á que é considerada unha das mellores voces que deu nunca o panorama musical español: Luis Manuel Ferri Llopis, Nino Bravo. Cando faleceu, aos 28 anos de idade, xa conquistara os primeiros postos das listas de éxitos, realizara multitudinarias xiras por España e Latinoamérica e, en definitiva, se consagrara como un dos grandes. Nunca poderemos saber ata onde podería ter chegado, pero do que non cabe dúbida é que son moitas as cancións deste artista valenciano que sobreviven coa mesma forza inicial ao paso dos anos e se transmiten inevitablemente ás xeracións máis novas.

Velaquí vos deixamos unha selección:

Bicos con lingua

Onte o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiu á representación de Bicos con lingua, posta en escena de Talía Teatro. A actividade estaba organizada por todos os Equipos de Normalización Lingüística dos centros da comarca do Arenteiro.



15/04/10

Abrindo novos camiños


Tras varios días de probas e axustes, chegou o día de presentar un novo lugar onde seguir Trafegando ronseis: a nosa páxina en Facebook.

Unha forma máis de adaptarse ao universo das comunicacións que nos vén enriba... e faite siareiro (se queres)!

Preme na imaxe para acceder á páxina.

Ler é antinatura

Teño gardado este post dende hai moito tempo, porque me parecera moi curioso o seu contido. Agora que se achega o Día do Libro, quero convidarvos á súa lectura (perdoade que non o traduza, pero ando cansa, cansa):

Tal vez suene un poco fuerte decir anit-natura, pero lo es. Leer no es una operación para la que el hombre esté preparado naturalmente desde nacimiento.

El argumento para decir que leer es anti-natura es que, aunque pareciera lo contrario, para leer debemos entrenar nuestros ojos y cerebro; leer requiere de coordinación motriz y sensorial y de una gran capacidad de abstracción de conceptos. Es algo que cuesta trabajo y años de práctica, al igual que su actividad hermana, la escritura, y llegar a hacerlo bien no es nada sencillo.

Para ejemplificar esto pensemos un momento en nadar. La operación de nadar es, casi por definición, un aprendizaje que se hace en un medio adverso para el hombre, el agua, en el que, tal vez por instinto de superviviencia logremos mantenernos a flote. Pero para nadar rápido, o bien, o sin agotarnos o ahogarnos, se aprenden una serie de técnicas que deben ser practicadas. Estas técnicas no son naturales (no nacemos sabiéndolas), son conductas socialmente aprendidas y transmitidas a través del esfuerzo y condicionamiento de innumerables generaciones (de personas que lograron no morir ahogadas, por supuesto): sería natural dar chapotazos, como los perros, pero el nado estilo mariposa o el estilo libre o crawl son claramente constructos sociales artificiales.

Claro, tener el ansia y capacidad de aprender es muy natural, es inherente al hombre, pero es tan factible que uno aprenda a dispara bazookas como a tejer en punto de cruz; leer no tiene nada que ver en el ansia y capacidad de aprendizaje humano. Hablar, aunque esto está discutido entre los lingüistas, también nos es natural (aquí hay problemas de orígenes de lenguas y de otras cosas en los que no me adentraré). Pero el concepto de plasmar el lenguaje por escrito (crearle desde grafías que lo expresen, pasando por reglas gramaticales de construcción sobre abstracciones, hasta asignarle a los procesos de escritura y lectura un valor que va más allá de su simple existencia (arte, literatura)) para que otros lo puedan leer, es, en definitiva, un constructo social que se aprende y que hay que enseñar a cada nueva generación, esperando, claro, que mejoren el proceso.

Un último ejemplo: pensemos en las matemáticas. Claro que contar es natural (puesto que la necesidad es vital), pero el que este símbolo: 4 signifique que hay cuatro (||||) de algo, lo que sea (una abstracción total), es pura y simplemente social, y hay que enseñárselo a cada nuevo ser humano [pensemos en aquella sociedad del Amazonas que sólo conoce tres números: uno, dos y muchos].

En resumen: a leer se aprende gracias a alguien más, y si se deja a un niño que no sabe leer solo en un cuarto lleno de libros durante años, por más que estos contengan las mejores obras de la literatura universal en todos los idiomas del mundo, y por más que el niño tenga el ansia de aprender, nunca logrará descifrar el código en el que la convención social dictó que fueran escritos.

14/04/10

Madame Tutli-Putli

Outra curta do noso festival... e hai moitas máis!

Xa puxeramos aquí o trailer hai dous anos e agora podemos ver a curta enteira. É verdadeiramente boísima. A protagonista vai de viaxe en tren con todo o que ten. Este tren vaise a converter nun percorrido existencial e surrealista.

Reflexionar a través da fotografía

Fotopres o9 recolle 135 fotografías cun nexo común: a reflexión sobre as condicións de vida de diversos países con conflitos, como Pakistán, Kenia ou Líbano. É un dos concursos de fotografía de prensa con máis historia e recoñecemento en España. O certame organízase co obxectivo de dar a coñecer e difundir a fotografía documental, e contribuír á consolidación do documentalismo contemporáneo.
O fotoperiodista Emilio Morenatti gañou o primeiro premio con 'Violencia de xénero en Pakistán' unha serie de 10 mulleres coa face desfigurada polo ácido a causa do 'honor familiar'.
O segundo premio foi para 'Violencia post electoral en Kenia', de Walter Astrada, con imaxes dos enfrontamentos que nese país africano houbo entre etnias.
O terceiro premio foi para Alfonso Moral polas fotos 'Líbano, entre mar e lume', fotos que se afastan da guerra e amosan a vida social do país.




Vía

13/04/10

Néboa

Curta de animación (seguimos no festival) dirixida por Emilio Ramos no ano 2006. Un ancián nostálxico conta unha historia que lle sucedeu de mozo: as ovellas puxéronse a voar e déronlle á vila prosperidade...


Variadiño

De algunhas xa temos falado, outras son novas:

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.