06/01/11

El monstruo


Cantos álbums ilustrados coñecedes que traten o tema da violencia de xénero? Poucos, maxino. Pois este é un deles. Cando comecei a lelo, as miñas pernas tremeron. Deses actos reflexos que non podes dominar, ao igual que este desacougo co que escribo sobre o libro. Aínda que se arranxa ao final.
El monstruo como monólogo foi gañador do concurso nacional "Sal a escena contra a discriminación" convocado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade.
Con texto de Daniel Martín e ilustracións de Ramón Trigo, está publicado pola editorial Lóguez.
Un álbum imprescindible nos colexios


10 comentarios:

  1. Hai que mercalo! Moitas grazas pola recomendacion. Vou montar mais tarde o estudo fotografico para subir as miñas ultimas adquisicions a rede...
    Vas flipar!

    ResponderEliminar
  2. este conto a pesar de todo ten un final feliz porque a maioría das veces acaba en traxedia

    ResponderEliminar
  3. Este é un libro moi triste que nos narra o maltrato que por desgracia sofren moitos rapaces e mulleres a mans dos homes neste.

    ResponderEliminar
  4. Pareceme triste e moi real, porque os dous irmáns e a nai, non teñen por que pasalo mal por culpa do pai, vexo moi mal o maltrato.

    ResponderEliminar
  5. non me gustou moito pero comparar ese tipo de homes cun monstro está moi ben

    ResponderEliminar
  6. os rapaces vían ao seu pai coma un monstruo..normal porque neses casos pasa así

    ResponderEliminar
  7. Este libro tamén trata da realidade e por iso é triste.

    ResponderEliminar
  8. Este libro é moi triste , pero tamén fala da realidade.

    ResponderEliminar
  9. este libro é triste pero reflicte unha realidade moi cruel sobre o maltrato ás mulleres e aos filllos cun final esperanzador.

    ResponderEliminar
  10. pois que hai que facer algo contra o maltrto dos pais

    ResponderEliminar