
OQO publica este fermoso libro de Juan Darien no ano 2009 (Premio Ilustración no 2008). Un conto máis que axeitado para estes días nos que nos mergullamos en busca de libros para a exposición da Paz que mantemos no centro estas semanas. Unha historia de envexa que se desenvolverá porque sempre hai ocasión para que calquera personaxe perverso (neste caso, o signo menos) axude a declarar a guerra; unha guerra que por suposto non contará con vencedores nin vencidos, como ocorre sempre aínda que nolo vendan doutro xeito. O aclaratorio do libro é que estamos a falar de número, polo que a lóxica é aplastante.
Moi ben recreada a trama bélica, o libro é boísimo para traballar o tema nas aulas.
Moi ben recreada a trama bélica, o libro é boísimo para traballar o tema nas aulas.
este libro non é que me gustase moito pero amósanos a inportancia dos signos máis e menos.
ResponderEliminarfoi moi simpático, os números 0 ao final rebeláronse.
ResponderEliminarA min este conto non me gustou
ResponderEliminarPois non estivo mal porque os uns eran moi malos porque convertían a todos en ceros para que eles foran os números máis grandes
ResponderEliminarEste libro non estivo mal,porque cóntanos que xuntos podemos gañar máis que se estamos divididos.
ResponderEliminarNon me gustou moito pero dános a entender que falando evítanse moitas guerras
ResponderEliminar