24/01/11

Sennin


Da editorial Nostra, este conto tradicional nipón, Sennin, escrito por Ryünosuke Akutagawa e ilustrado (as ilustracións son fermosísimas, case provocativas humorísticas) por Luis Vázquez. Podedes ler a lenda aquí.
No relato vemos como un mozo ten como único cometido na vida converterse nun home sabio que alcanza a inmortalidade. A pesar de que a súa vida podería converterse nun inferno, tal é a actitude positiva do mozo que alcanzo o seu cometido grazas á fantasía do texto. Un texto que ademais sorprende polo misterioso atractivo do final.



3 comentarios:

  1. non me gustou porque enganaran ao rapaz pero milagrosamente o rapaz conseguiu ser o que quería

    ResponderEliminar
  2. Este libro non me gustou moito, é un pouco aburrido, aínda que o final foi bonito.

    ResponderEliminar
  3. Este libro está ben, pero o Japones era algo tonto, poñerse a traballar sen cobrar e perder toda a súa xuventude sen poder facer o que el realmente quería.

    ResponderEliminar