12/02/11

Catálogo de obxectos rebuldeiros


Faktoría K de Libros achéganos dentro da colección "Textos infames" este Catálogo de obxectos rebuldeiros (Toda a verdade sobre as feras que nos axexan na casa) de Pablo Prestifilippo, de quen xa tiñamos Manual de Calcetíns salvaxes e Instrucións para espertar a unha cadeira durmida. Todos eles teñen algo en común: son divertidos e extravagantes. Manual de Calcetíns salvaxes fala da vida e milagres dunha prenda tan "rara" que case ninguén ten no armario: os calcetíns. E Instrucións para espertar unha cadeira durmida é un estudo profundo da silla, algo que ocasionará máis dunha sorpresa.
Catálogo de obxectos rebuldeiros prodiga humor e imaxinación, caracterísiticas comúns aos tres libros que citamos. Agora vemos luvas ambulantes, bechos nómades, espellos confundidos... todo un inventario de obxectos "rebuldeiros" e curiosos que nos atrapan nun sorriso permanente ata que o rematemos.
Os tres son incribles. Preciosos.




4 comentarios:

  1. a min non me gustou porque é algo complicado

    ResponderEliminar
  2. Este libro non me gustou poque resultoume bastante aburrido.

    ResponderEliminar
  3. non me gustou moito este conto porque en parte non o entedín

    ResponderEliminar
  4. Este libro estivo ben e foi moi divertido.

    ResponderEliminar