A obra de teatro foi magnífica. A min, persoalmente, encantoume. Tanto, que o meu querido alumnado aplaudime ao saír da representación. Porque eles non comprenderon o seu significado: o valor da nosa literatura. E reproduzo:
Verbum Fahrenheit achega a historia dos homes libro presente na novela de Ray Bradbury Fahrenheit 451 escrita en 1953 e levada ao cine por François Truffaut en 1966.
Verbum Fahrenheit é a historia de dous homes, dous presos que comparten un mesmo delito: ler. Ler nunha sociedade onde a lectura está prohibida e os libros son queimados por bombeiros incendiarios.
Lectores castrados nunha sociedade na que os libros son preservados na clandestinidade alén do mar, na terra dos homes libro. Neste lugar cada persoa esqueceu o seu nome e tomou o do libro que preserva e protexe na súa memoria. Xan agora é Longa Noite De Pedra de Celso Emilio e transmíteo de xeración en xeración agardando o día en que remate a represión e os libros poidan volver a imprimirse. Combina a narración, a música en directo e os monicreques para contar a historia dos homes libro.
Limiar Teatro.
moito viaxas!
ResponderEliminarbicos
A verdade é que este ano é dunha actividade febril. Ías estar encantada!
ResponderEliminarA min persoalmente gustoume moito a obra e recomendolle a tod@s @s que poidan vela algunha vez que se animen e que a vexan. A verdade é que me gustou bastante, ademáis rimos moito porque Gracia berrábanos por rirnos pero ao final fomos nós quen tivemos que berrárlle a ela.
ResponderEliminarA exposición de fotos tamén me gustou e máis cando soupen que ía ser de Virxilio Vieitez porque ao vivir cerca de nós interesounos máis.
Quizais o que menos me gustou foi o museo porque esperabame moito máis del.
Esta escursión gustoume moito porque estuvemos en Vigo todo o día e vimos moitas cousas, o mellor foi o museo de Virxilio porque había fotos que xa conociamos. Ademais tuvemos moito tempo libre.
ResponderEliminargustoume moito a actividade, sobre todo o museo do mar e tivemos moito tempo libre
ResponderEliminarEsta excursión estivo xenial, aínda que a obra de teatro foi bastante aburrida, o museo de Virxilio foi moi interesante.
ResponderEliminarNa miña opinión creo que a excursión estivo xenial e ademais tivemos bastante tempo libre.A ver cando facemos outra.
ResponderEliminarEsta excursión axudounos a coñecer cousas da nosa terra que moitos descoñeciamos e a ver o importante traballo que os nosos veciños realizaban.
ResponderEliminarestivo todo moi ben, gustoume moito e gustaríame volver
ResponderEliminaresta excursion gustoume porque coñecin moito vigo e tamén porque tivemos moito tempo libre
ResponderEliminara excursión estivo moi ben
ResponderEliminarA excursión estivo moi ben,deixaronos bastante tempo libre e a esposición estivo moi ben
ResponderEliminarA min a obra de teatro foi o que máis me gustou , pero a exposición tamén estivo moi ben . Foi unha das excursións que máis me gustou .
ResponderEliminarA excursión estivo xenial e pasámolo moi ben.Teríamos que repetir
ResponderEliminarFoi moi interesante a excursión, e encantoume a obra de teatro. Pasamolo moi ben. Profe hai que organizar outra! jajaja
ResponderEliminarFoi interesante nesta excursión o museo de fotografía porque todas as fotos eran ambientadas en lugares que coñeciamos e incluso algunhas persoas
ResponderEliminarA obra foi o que máis me gustou xa que en vez de Gracia mandarnos calar a nós, nós tiñamos que dicirlle a Gracia que se parara de rir.
ResponderEliminarEsta excursión gustoume moito porque estivemos en Vigo todo o día e vimos moitas cousas.
ResponderEliminarEsta excursión pareceume moi divertida o mais bonito foi a obra de teatro porque gracia non paraba de rir jajaja e gustoume tamen a exposición de Virxilio.
ResponderEliminar