05/02/11

Fálame


Unha das últimas novidades de Kalandraka achéganos ao autismo. Fálame de Marco Berrettoni Carrara con ilustracións de Chiara Carrer é a historia dun neno que tenta comprender á súa irmá autista, e que chega á conclusión de que tod@s somos diferentes, e aí reside o valor do mundo.
Na clase de Diversificación serviunos para achegarnos a un tema novidoso para eles e elas e para tentar comprender o respecto ás diferenzas. As ilustracións son un xeito fantástico de complementar o texto.
...Sara é así. Fica inmóbil durante horas, non fala, non oe, non mira, non quere xogar a nada. Viaxa e vaga polos seus pensamentos, non sabemos como, e moito menos por onde, vive no interior do seu mundo e mais nada, solitaria...

10 comentarios:

  1. O libro está ben pero é unha pena que non haxa solución a este tipo de enfermidades

    ResponderEliminar
  2. Este libro por desgraza acércanos de cheo á realidade triste e espantosa que sofren moitas familias tendo entre os seus menbros un rapaz con estes problemas

    ResponderEliminar
  3. danme moita pena este tipo de personas, non me quereria ver no seu sitio

    ResponderEliminar
  4. é moi triste pensar que hai xente así, e só se ten a si mesmo

    ResponderEliminar
  5. a min este conto dáme moita tristeza

    ResponderEliminar
  6. Este libro pareceume interesante o feito de que teñan unha especie de mundo interior do que ninguén saiba, pero tamén é triste que non se dean relacionado con outras persoas.

    ResponderEliminar
  7. Este libro axúdanos a comprender un pouco mellor como son os nenos autistas,os seus comportamentos e cambios de humor

    ResponderEliminar
  8. É interesante... pero moi triste, se eu tivera algúnha persoa coñecida con esa enfermidade non sabería que facer. Debe ser moi duro.

    ResponderEliminar
  9. Acabo de atopar este libro nunha biblioteca, e estou moi triste. Triste por que se de esta imaxe das persoas con autismo, triste por que se de esta imaxe das familias con autismo. Triste porque non entendo cal e a intencion do seu autor, e moi triste porque non entendo o xiro de kalandraka, as persoas con autismo son persoas antes que estereotipos, recomendolle a todos aqueles que poidan ter interese en saber algo sobre autismo que busquen informacion en bloges coma "en mi familia hay autismo y mucho mas", "pensando en imagenes" "la sonrisa de arturo", etc...

    ResponderEliminar
  10. Moitas grazas polo teu comentario e a túa rica aportación.

    ResponderEliminar