22/02/11

O ano de Lois Pereiro (III)

Dende Caderno de Lingua:

Un curso máis chega o documental didáctico de Sara Paz (guión), do CPI San Vicente da Baña, e Luís Aldegunde (edición), do CPI Os Dices de Rois, sobre a vida e a obra do homenaxeado das Letras Galegas. As armas da paixón, interesante traballo que contribúe a coñecer mellor a figura de Lois Pereiro a través das reflexións de Arturo Casas, Menchu Lamas, Antón Lopo, Antón Losada, Paco Macías, Antón Patiño e Xosé Manuel Pereiro.



E dende Valdeorras, CEIP Condesa de Fenosa, chega un LIM sobre Pereiro.

Páxina web oficial.

En Botóns, novos recursos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario