17/02/11

Xabier Docampo en Forcarei

Caían chuzos. Lóstregos, raios, tronos, saraiba... A mañá estaba totalmente desapacible, o instituto quedou sen Internet, ás veces sen luz, outras sen teléfono. Pero chegou el e a aula iluminouse co seu sorriso. Contra todo prognóstico temporal, Xabier Docampo veu a Forcarei. Porque debía cumprir a palabra dada. Porque sabía que o alumnado o agardaba con ilusión. E el non decepciona.
Desde que comezou a falar, conquistounos. Palabras xenerosas para comigo e para os dous alumnos de Diversificación que o presentaron. Logo, os risos. A súa vida non prolífica, os seus degoiros máis humanos... a necesidade da lectura. E dende aquí estableceu un diálogo co alumnado que deixou de preocuparse por ese temporal que semellaba nos ía prexudicar. Pero estabamos a salvo baixo a palabra de Xabier. Con el viaxamos ao mundo dos contos e con el aprendemos o valor da literatura.
Non, non falou do seu libro. Para que? Xa o leramos. Fixo algo moito mellor: transformou os 50 minutos da súa visita nun salaio que apenas sentimos.
Deixemos que sigan petando na porta pola noite. Nós nos temos medo. Saboreamos un recordo indeleble que coido este alumnado sabe apreciar.




A nova no Faro de Vigo, onte.

18 comentarios:

  1. Foi o mellor e máis divertido agasallo deste curso!

    ResponderEliminar
  2. Este home pareceume a repanocha, era moi simpático e falabanos da realidade sen renunciar o humor

    ResponderEliminar
  3. Este home pareceume a repanocha, era moi simpático e falabanos da realidade sen renunciar o humor

    ResponderEliminar
  4. Xabier docampo estivo moi ben,é moi divertido .

    ResponderEliminar
  5. Xabier estivo moi ben, é moi simpático, todos rimos a escachar e os profes os que máis, unha persoa ben agradable...espero que volva outro día.

    ResponderEliminar
  6. estivo xenial, el era moi divertido con todas as historias que nos contou, moi bo

    ResponderEliminar
  7. Xabier era moi entretido e gustoume a charla,foi moi entretida

    ResponderEliminar
  8. este autor foi o que máis me gustou de todos, aínda que a primeira impresión non parace que sexa tan agradable como é

    ResponderEliminar
  9. José Diz y David Macía30 de marzo de 2011, 14:06

    este autor facía moita grazaa

    ResponderEliminar
  10. Aiaiai, canto nos rimos con Xabier, é moi divertido e con bo sentido do humor

    ResponderEliminar
  11. Foi un dos escritores máis divertidos que vin e gustoume moito.Pode volver cando queira.

    ResponderEliminar
  12. Pareceume moi amena a charla, espero que veñan máis autores...!!!

    ResponderEliminar
  13. Almudena e Jonathan30 de marzo de 2011, 14:08

    Foi moi interesante e divertido.
    Dedica os libros con debuxos personalizados.

    ResponderEliminar
  14. É moi divertido,o mellor escritor que veu este ano.

    ResponderEliminar
  15. Este autor foi o mellor de todos. Todo o que falaba interesounos bastante,é o mellor de todos.

    ResponderEliminar
  16. Posúe un gran sentido do humor e fixo a visita moi amena.

    ResponderEliminar
  17. Foi o máis maior que veu e o máis "toliño" de todos

    ResponderEliminar