08/03/11

Cero

Sendo o Día da Muller non podiamos comentar un libro que non fose escrito por unha muller. Estamos a falar do último poemario de Oriana Méndez, Cero, publicado por Galaxia. Fermosos poemas con preguntas sen respostas ou con dúbidas e reflexións, fragmentos da realidade que queremos comprender. Un libro moi diferente ao anterior que nos viaxa por partes da xeografía galega, Vigo, A Coruña... mesmo Lalín:

JEny, Manolo e Tareixa
viven nun lugar que podería ser Lalín
pero tamén moi semellante a algunha
cidade norteamericana
casinos, hoteis, novos edificios
por veces reciben unha visita espacial
alguén que veu doutras terras e escribe:
En Botos chamámoslle apagón e eu tamén in my
latin

encóntrome con eles en algures que non son Lalín
ou cidade no medio dun deserto con hoteis, casinos
É un territorio suspendido, pero firme
podemos dicir que se trata de pontes colgantes:
cada un, desde a súa propia ponte
-en realidade non se trata dunha posesión
é unha presenza-
comunícase cos outros mediante plataformas

plataformas coma dorsais

eu nunca podería chegar a Lalín desde onde estou
perdendo todas esas casas,
por sorte temos as pontes colgantes
(...)

4 comentarios:

  1. Lalín ,Galaxia, Oriana..........que ben!

    ResponderEliminar
  2. Os poemas non sei pero a portada é todo unha obra de arte.
    Estes de Galaxia melloraron moitoe eh?

    ResponderEliminar
  3. Non o coñecía... Grazas pola recomendación...
    Cristina

    ResponderEliminar